martes, 28 de mayo de 2013

Recuncho das Xoaniñas


Aquí están as fotos do noso lugar máis especial dentro da aula estos días: o recuncho onde temos todo o material para o noso proxecto, e que os sementeiros e sementeiras están traendo das súas casas.
Temos de todo, mirade:
 Hoxe pola tarde os nenos e nenas da clase do Paseo do Espolón viñeron a traernos un conto de xoaniñas e unha revista con moita información. GRAZAS COMPAÑEIR@S!!
Pouco a pouco iremos mirando todo o material que nos vaia chegando. Hoxe tocoulle o turno a un dos contos que temos no noso recuncho:
"Hilderita e Maximiliano"
Éranse unha vez dúas xoaniñas: Hilderita e Maximiliano, que se coñeceron na copa dun chapeo de copa. Os dous gustáronse moito. Así que un bo día decidiron casar e foron voando polos aires.
- ¡A onde imos? - dixo Maximiliano. ­
- Á Lúa - contestoulle ela.
E empezaron a súa viaxe.



Experimento con Caraveis

Hoxe rematamos o noso terceiro experimento na aula. Tivemos que agardar varios días para ver os resultados do noso traballo, e hoxe recollimos nunha ficha todo o observado.
O mércores da semana pasada despois do recreo comezamos o noso experimento.
MATERIAL QUE EMPREGAMOS
- Probetas.
- Auga.
- Unha xerra.
- Un embude.
- Colorante alimentario (azul e vermello).
- Botes de cristal.
- Caraveis brancos.
PASO 1: ENCHER AS PROBETAS E OS BOTES DE CRISTAL CON AUGA
 PASO 2: COLOREAR A AUGA CON COLORANTES ALIMENTARIOS
Temos tres probetas diferentes: a grande con auga transparente, a mediana con auga vermella e a pequena con auga azul.
PASO 3: METER OS CARAVEIS NA AUGA
PASO 4: FORMULAR HIPÓTESES; ¿QUE VAI A PASAR?
 Ao principio algún neno dixo que os caraveis se iban a estropear. Pero despois de pensar un pouco tod@s chegaron á mesma conclusión: "se van a poner de colores, profe".
Esta foi a conversa que tivemos cando lles preguntei o que pensaban que iba a pasar:
- Que van a tener colores porque están en el color rojo y azul (Alejandro)
-Que se van a convertir en sal (Luis)
- No les va a gustar (Carmen)
- Van morrer (Pablo M.)
- Se va a poner el clavel azul (Roi)
  Cando chegamos de comer o caravel que estaba metido na probeta de auga azul xa tiña cor.
 Pasados un par de días xa se podía apreciar moito mellor a súa coloración.
Estas imaxes son do venres, día 24
 Hoxe martes, este era o aspecto que presentaban
Para rematar o noso experimento faltaba cubrir a ficha de recollida de datos. 
Adicamos o día de hoxe a facela. Esta vez tiña dúas partes:
 primeiro representamos gráficamente o experimento nos seus inicios
E despois representamos o aspecto final dos caraveis logo dunha semana