domingo, 25 de septiembre de 2016

Plantando Romeu

Xa estamos no outono; e para despedir o verán contamos na aula o conto
"EL ÚLTIMO DÍA DE VERANO"
Nunha das súas páxinas conta como unha perdiz sae dunha matogueira de romeu.
 A profe preguntou se alguén coñecía o romeu pero non obtubo moitas respostas positivas polo que o paso seguinte foi levar unha poliña desta planta tan aromática á aula.
Despois de tocala e cheirala decidímonos a plantala e, unha vez pensado entre tod@s o que necesitabamos, puxémonos ao choio.

Unha vez plantada, escribimos o nome da nosa planta aromática e pegámolo na maceta.

Despois decoramos con pegatinas
 Esperamos que a nosa planta de romeu bote raíces pronto e creza unha chea

domingo, 18 de septiembre de 2016

Curso 2016/17

Empezamos un novo curso escolar.
 
Este ano deixamos de ser os máis pequerrechos do cole porque xa estamos en 5º de Educación Infantil. Pasarémolo xenial e viviremos un montón de aventuras tod@s xunt@s. Queremos dar a benvida a NOELIA, a nosa nova compañeira, que pasa a formar parte da súper aula "A Sementeira".
O primeiro día de cole todo foron risas e abrazos. Despois de todo o verán sen vernos, tiñamos que poñernos ao día. 
Tivemos unha semana chea de actividades: xogamos no areeiro, coa plastilina nova, ao noso mémori favorito, ás cartas,.... e tamén traballamos un pouquiño.
Agárdanos un ano cheo de cousas divertidas!
 Resultado de imagen de BENVIDA COLE