Hoxe realizamos unha actividade cos compis da aula A Pementeira pois estivemos fixendo unha plantación de sementes de Pemento de Herbón
Os nenos e nenas da aula "A SEMENTEIRA" de 4 anos do colexio Rosalía de Castro en Padrón, queremos darvos a benvida ao noso blogue, a través do cal vos iremos facendo partícipes das nosas aventuras. Moitas grazas por visitarnos!
miércoles, 19 de febrero de 2025
Pementos de Herbón
viernes, 14 de febrero de 2025
As casiñas dos números
Dende fai un tempo durante a hora do panel traballamos coas casiñas dos números; afianzamos os números e comezamos a interiorizar as decenas. Sempre hai que dedicar máis tempo á primeira decena, xa que na familia do 10 atopamos os números "tramposos" (11, 12, 13, 14 e 15) polo que todos os días escribimos os números dende o dez ata o vinte, aínda que as veces os facemos en espello (do revés), e ata os estamos aprendendo en inglés. Facemos tamén sumas e traballamos o concepto de anterior e posterior. Esta semana añadimos as restas! Mentres o encargado ou encargada fai a casiña que escolle no panel, un voluntario escríbea na pizarra pequena

O noso recuncho segue a recibir material co que seguir a nosa investigación