Hoxe Alessandro trouxo unha sorpresa moi especial ao cole:
OVOS DE PASCUA PINTADOS DE MOITAS CORES!
Estivo toda a semana traballando cos seus papis na casa para traernos estos ovos tan especiais; trátase dunha tradición en Alemaña, país no que viviu durante moitos anos o papá de Alessandro e quixeron compartila connosco.
Alessandro explicounos o que fixo para colorear os ovos
Despois entregou con moito coidado un ovo de pascua a cada compañeiro.
E ata houbo para as profes!
¡Quedamos tod@s impresionad@s!
E claro, despois da sorpresa inicial, decidímonos a probalos
(que a larpeir@s non nos gaña ninguén) ;)
MOITAS GRAZAS ALESSANDRO E FAMILIA POR COMPARTIR COS SEMENTEIROS E SEMENTEIRAS ESTA TRADICIÓN
No hay comentarios:
Publicar un comentario