jueves, 23 de mayo de 2013

Unha Xoaniña na Sementeira

Hoxe pola mañán, durante o recreo, 
CARMEN atopou no areeiro...
UNHA XOANIÑA

Menudo rebumbio se montou. Tod@s querían vela de preto.
Buscamos rapidamente un lugar onde gardala e fixemos unhas fotos.
 Xa en clase, estivemos a observala nos equipos e tivemos a sorte de que se botou a voar (intentando escapar de nós, claro). De este momento por desgraza, non temos fotos.
Como estabamos absolutamente entusiasmad@s coa visita da xoaniña, decidimos falar un pouco sobre ela e apuntamos no encerado todo o que coñecemos de tan singular animaliño. Despois a profe preguntounos o que nos gustaría saber sobre as xoaniñas e asi,
naceu O NOSO PRIMEIRO PROXECTO sementeiro (¡¡que emoción!!
Aquí tendes o resultado da nosa conversa
Antes de marchar a comer aínda tivemos tempo de comezar a nosa investigación. Coa axuda de internet descubrimos que as xoaniñas son ovaladas e se poden chamar de moi diferentes maneiras. Pero o que máis nos sorprendeu foi que se alimentan de... Pulgóns! Este dato impresionounos moito e como non sabiamos o que era un pulgón decidimos buscar o seu significado e imprimir unha foto.
Como non, agora vemos pulgóns por todas partes: no tobogán, no teito da aula,... ata hai algún sementeiro que asegura ter comido algún igual que fan as xoaniñas,...
Esta é a foto do pulgón que temos na aula
Necesitamos moita máis información e material para poder crear na aula o noso recuncho adicado as xoaniñas e comezar así o noso primeiro proxecto. ¿Queredes axudarnos nesta nova aventura? Podedes enviarnos todo aquelo que consideredes que nos pode resultar de utilidade na aula
  (libros e contos, fotografías, información funcional e axeitada para nós,...)
Agardamos as vosas aportacións. Na clase seguiremos informándonos e aprendendo moitas cousas sobre as xoaniñas.



1 comentario:

  1. Pero eu pregunteille o nome da xoaniña a Candela e díxome que non tiña, que só era xoaniña!!! Iso non pode ser! Mañán vou ir eu pola Sementeira para o bautizo da xoaniña, así que ide pensando un nome, vale?

    ResponderEliminar