Pouco a pouco estamos a mirar e contar na aula os contos e libros de consulta que os sementeiros e sementeiras están aportando ao noso recuncho das xoaniñas.
Co libro que trouxo Xoel aprendimos que as xoaniñas teñen 6 patas e 7 puntiños negros. Tamén que as alas están protexidas polos élitros (xa sabemos distinguilos). Mirade, neste debuxo aprécianse moi ben
Pero sen dúbida o que máis nos chamou a atención foi que as xoaniñas poden comer ata 50 pulgóns nun día. E claro, a pregunta foi ¿canto son 50 pulgóns? Pois para sabelo debuxámolos no chan
O noso compañeiro Pablo trouxo unha xoaniña para cada equipo.
A profe propúxonos escoller un nome para cada unha polo que cada equipo tivo que chegar a un acordo.
Despois de moito parlamentar estes foron os resultados
Así pois, "Viento", "Arco Iris" e "Cucu" xa forman parte da familia Sementeira.
Esta semana comezamos tamén a pintar unha xoaniña. Agora que sabemos que ten 7 puntos negros estamos a colorealos con pinceis.Cada día @ encargad@ selecciona para a hora do conto un dos libros que temos no noso recuncho. Hoxe mércores era Iria a encargada, e escolleu o conto que trouxo o noso compañeiro Daniel. Gustounos moito!
Seguiremos informando
;)
¡QUÉ CANTIDAD DE TRABAJO PUEDE DAR DE SÍ UNA COSITA TAN PEQUEÑA COMO UNA MARIQUITA! MENOS MAL QUE EL TEMA ELEGIDO NO HA SIDO EL DE LOS DINOSAURIOS, NO HABRÍA SUFICIENTE ESPACIO EN EL AULA!!!
ResponderEliminarPABLO ESTÁ ENCANTADO CON LAS MARIQUITAS QUE LLEVÓ, YA TIENEN NOMBRES (MUY ORIGINALES POR CIERTO); TAMBIÉN ME DIJO QUE ALGUNA ESTÁ "LESIONADA".
SEGUID DISFRUTANDO DEL PROYECTO COMO TAMBIÉN NOSOTROS DISFRUTAMOS DE VUESTROS TRABAJOS.
GRACIÑAS ANA!
Alguna mariquita ya ha tenido que pasar por el hospital, es cierto! pero las tratamos con mucho mimo y son unas mascotas estupendas.
ResponderEliminar