Onte adicamos o día a coñecer un pouquiño mellor a obra de keith Haring e, ¿sabedes?... Entusiásmanos. Sobre todo porque o que máis lle gustaba facer a este artista eran graffitis. Si, si,... debuxos nas paredes!!!! guauuuu
Nin que dicir ten que nos encantaría decorar as paredes do cole con graffitis, pero a profe Ana xa nos dixo que pensa que non será posible,...de momento. Prometemos buscar unha alternativa!
Deixámosvos os enlaces a algúns videos que estivemos a mirar
Nós xa rematamos o noso primeiro traballo plástico. Mirade
De todos xeitos o que máis nos gustou do día de onte foi facer unha SILUETA, forma tan característica da obra de Keith Haring.
Soamente tivemos tempo de facela nun equipo, e non sabedes as ganas que temos tod@s de repetir esta actividade.
Carla foi a elixida e tivo que pensar como quería colocarse. A profe Ana marcou en papel contínuo a silueta. Despois tod@s @s compañeir@s do seu equipo pintaron da cor elixida por Carla: lila.
Mirade o espectantes que estaban. Tod@s querían dirixir a actividade e dábanlle consellos aos que estaban pintando.
Cando remataron de pintar, @s artistas posaron para a foto moi orgullos@s do seu traballo
Foi un día estupendo, grazas a keith Haring
Pero bueno, menudas obras de arte que facedes!!! Cando queirades invitádesme á Sementeira e deixovos que pintedes a miña silueta, co alta que son seguro que vos da para pintar todos os grupos dunha soa vez jajaja!!! Muaaaa
ResponderEliminarMenudos artistas temos na sementeira, non teñen nada que envidiarlle a Keith Haring. Bicos.
ResponderEliminar