sábado, 26 de octubre de 2013

Portas Decoradas... e moito máis

Xa ven sendo tradición decorar as portas das aulas de infantil. 
E no Samaín non podía ser menos; aquí están:
 Na Sementeira asoman as pernas dunha bruxa
 Na Pementeira unha cabaza moi especial
E no Paseo do Espolón un espantallo
Estos días seguimos facendo manualidades típicas do Samaín.
 Os compis de 5 anos fixeron uns morcegos que descansan tranquilos no corredor
Na aula de 3 anos decoraron a parede con bruxas
 E na aula de 4 anos temos uns castelos terroríficos que colgan do teito da nosa aula
 Os globos con forma de cabaza son un regalo de Alejandro
 E Pablo Miguéns trouxo unha bruxa terrorífica
Xa temos preparados os nosos "bolsos castañeiros" para o día da festa poder enchelos de castañas

2 comentarios:

  1. As portas das aulas de infantil do colexio Rosalía de Castro estanse a convertir nun referente fora e dentro do colexio. E algo mítico xa que en cada época ou festa do ano estou desexando ver, porque as profes discurrides cousas moi bonitas e as veces complicadas. NORABOA profes de infantil

    ResponderEliminar
  2. Menudo colexio, que ben o montades todo!! e que ben o traballades!! Sodes tod@s (profes e alumnado) uns traballadores e uns artistas... Pena que non tódolos nenos poidan disfrutar destas festividades... :( Moitos bicos a tod@s!!

    ResponderEliminar