A semana pasada adicamos unha mañán a facer as siluetas que faltaban nos equipos. Desta volta foron Paula e Breixo os encargados de escoller a forma da silueta que querían para o seu equipo.
O "Equipo Corazón" foi o primeiro en traballar. Unha vez colocada Paula, os seus compañeiros e compañeiras foron os encargados-as de facer a silueta.
Unha vez repasada a silueta, Sabela foi a encargada de escoller a cor para pintar: vermella
Despois tocoulle o turno ao "Equipo Perro". Breixo colocouse no papel contínuo e os compis repasaron a silueta escollida
Alán escolleu pintar a silueta de cor azul
Agora soamente falta recortalas e formar un mural con todas elas.
Seguiremos informando
Guauuu! que chulis están quedando esas siluetassss!!! Un bico sementeir@s!!
ResponderEliminar