Un dos equipos na nosa aula chámase, como sabedes, "corazón".
Debe o seu nome a esta obra de keith Haring:
O artista que estamos a coñecer na aula debuxou moitos corazóns de moi diversas maneiras. Nós tamén faremos os nosos. Esta semana tocoulle o turno ao Equipo Corazón pero nos vindeiros días tod@s traballaremos para conseguir uns resultados tan artísticos coma os dos nosos compañeiros e compañeiras.
A obra sobre a que traballamos é a seguinte:
O primeiro que fixemos foi colorear as siluetas.
A consigna era colorear cada silueta dunha cor diferente.
O seguinte paso foi recortar o borde do debuxo coas tesoiras
Despois había que pegalo centrado nunha cartolina
e colorear o corazón con témpera vermella usando o "dedo pintor"
Por último había que escribir o noso nome
Ao día seguinte chegou a parte máis divertida do traballo,
pois tiñamos que encher con purpurina o corazón.
A última parte do traballo consistiu en decorar a nosa obra de arte con pegatinas en forma de corazón
Están expostas no corredor, agardando polas dos demais compañeiros e compañeiras
¿A que quedaron moi...brillantes?
Moi bonitos eses corazóns!!!! Brillan tanto coma o dos pequenos da sementeira!!! Noraboa por eses traballos tan tan bonitos!!!
ResponderEliminarAHORA YA ENTIENDO PORQUE PABLO NO PARA DE DIBUJAR CORAZONES EN TODO LO QUE HACE (HASTA EN LA CARTA DE LOS REYES MAGOS).
ResponderEliminarBESOS CORAZONES, PERDÓN, SEMENTEIR@S!!!
El amor hace estragos!!!! Jajaja
ResponderEliminarEstán preciosos. Eu creo que agora sí empezamos a darnos conta do que avanzaron os nosos "pequechos". Bicos campeóns.
ResponderEliminar