jueves, 12 de diciembre de 2013

"Unha carta moi especial"

Hoxe pola mañán recibimos correspondencia por primeira vez na Sementeira. 
¡Foi toda unha sorpresa!
 Os papás de DANIELA quixeron felicitarnos o Nadal cunha fermosa postal (con música e todo)
 Aquí está Daniela co sobre que nos trouxo o carteiro
 A felicitación viña acompañada dunha foto de Daniela con... Papá Noel!!!
 Moitas grazas polas palabras tan cariñosas escritas na postal papis
A foto de Daniela con Papá Noel está pegada na porta da aula, pois é o recuncho onde colocamos as fotos que os sementeiros e sementeiras traen para compartir cos compañeiros-as
Foi unha mañán moi especial na clase. Mil grazas papis de Daniela.
¿Aguén se anima a mandarnos outra postal?
Estaremos agardando


2 comentarios:

  1. Hola chic@s!!! Alegrámosnos de que vos gustase, Daniela tampouco sabía nada co cal imaxino que ela tamén se quedaría un pouco anonadada jajaja!! A pena é que non haxa máis tempo para sorprendervos e traballar convosco, pero a min éme imposible adicarlle máis tempo, coa ilusión que a min me fai... Como xa vos comentamos na postal, a disfrutar da Navidade e a comer moito turrónnnnnn. Bicos sementeir@s

    ResponderEliminar
  2. Tesme que dicir como se chega á casa de Papá Noel porque Pablo tamén quere ir, claro.

    ResponderEliminar