jueves, 26 de diciembre de 2013

Vacacións de Nadal

O venres 20 para celebrar que marchamos de vacacións tivemos unha sesión de títeres no cole. Estivemos na aula de audiovisuais con todos os compañeiros e compañeiras de infantil e pasámolo moi ben coa obra titulada "Pedro y el Lobo" da compañía de títeres "Tres Globos"
 Aquí estamos preparados para subir a audiovisuais
 Chegamos de primeiros e xa estaba o escenario preparado
 Xa estaba todo preparado para empezar... Que nervios!!
 Chegou o momento máis esperado do día: a representación de títeres
 A calidade das fotos non é moi boa porque estaba moi escuro, pero podedes apreciar o ben que o pasamos
 Antes de marchar para casa quixemos facer unhas fotos de recordo coas nosas bolsas de traballos do primeiro trimestre

1 comentario:

  1. Daniela tiña moitas gañas de ir á sesión de títeres e aínda vexo que o pasou ben!!! Menos mal.... Ánimo para comezar con bo pé e traballando duramente o segundo trimestre do ano. Un bico a tod@s.

    ResponderEliminar