jueves, 30 de enero de 2014

Día da PAZ

Hoxe foi un día moi especial no Cole Rosalía e todos os nenos e nenas do cole nos reunimos para festexalo. 

E aínda que a PAZ debemos traballala todos os días, hoxe 30 de Xaneiro, quixemos facer algo especial. Reunímonos tod@s no ximnasio e cantamos unha canción. Tamén entregamos os premios do concurso de pombiñas e xa veredes que hai sorpresa...
 Durante a celebración presumimos de pombas
Na entrega de premios... ¡¡SORPRESA!!
a nosa compañeira PAULA coa súa pomba resultou a gañadora do concurso no ciclo de Educación Infantil. ¡Moitas Felicidades Paula!
Esta é a pomba que presentou Paula ao concurso

O premio era un libro
"La paloma Maripaz"
Nos demais ciclos de primaria tamén tivemos gañadores
E chegou o momento de cantar a canción que preparamos esta semana nas clases
"Si tú buscas Paz,
para que el mundo funcione
no lo dudes más,
empieza por tu cole"
E... ¿sabedes o que fixemos pola tarde na Sementeira?
¡¡comernos unha pomba!!
O papi de Paula trouxo pola mañán unhas tartas para festexar o Día da Paz e pola tarde demos boa conta delas

 Pasamos pola clase de 5 anos para mostrarlle aos compis a nosa pombiña de chocolate. El@s tamén estaban de festa






4 comentarios:

  1. O día da paz tiñan que ser todos os días do ano, pero...
    E non me extraña que cheguen sempre co buche cheo a casa estes pementeir@s... Qué sorte a vosa... Isto recordame unha ocasión que a avoa de Pablo se apuntou a un ximnasio "entre amigas" e despois de unha hora de sudar a camiseta, cada día unha delas levaba unha larpeirada e quedaban a "repostar" enerxía, ja,ja. Así o día seguinte tiñan que volver o ximnasio.
    Bicos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Uy! Pili, que se che cruzan os cables, estes son Sementeir@s, jijiji. E tes razón que comen moito. Eu cada vez que entro teñen banquete. A Pomba xa che digo que estaba deliciosa, probeina e saboreeina con moito gusto porque Paula foi moi amable e invitoume! E dígoche que había moita Paz nesta aula!

      Eliminar
    2. Ja, ja,ja. Xa ves o que fai a idade... Unha, que xa non sabe onde está... Vou ter que empezar a facer exercicios desos de "Brain Training"... Tamén influe bastante que me "encantan os pementos", e se son de Padrón.... (ainda que uns piquen e outros non)... Gracias Teté por correxirme, os teus anos ainda cho permiten, eu ... dia miña filla que o meu cerebro xa está gastado porque teño moitos anos. Debe ser iso. Bicos.

      Eliminar
  2. É verdade que somos uns lambóns pero tamén traballamos ¿eh?
    non vos pensedes que estamos de festa todo o día, que somos uns nenos e nenas moi traballadores!!!
    Pili, a min tamén me gustaría ir ao ximnasio con túa nai! debe de ser moi saudable!! jajajaja

    ResponderEliminar