Hoxe foi un día moi especial no Cole Rosalía e todos os nenos e nenas do cole nos reunimos para festexalo.
E aínda que a PAZ debemos traballala todos os días, hoxe 30 de Xaneiro, quixemos facer algo especial. Reunímonos tod@s no ximnasio e cantamos unha canción. Tamén entregamos os premios do concurso de pombiñas e xa veredes que hai sorpresa...
Durante a celebración presumimos de pombas
Na entrega de premios... ¡¡SORPRESA!!
a nosa compañeira PAULA coa súa pomba resultou a gañadora do concurso no ciclo de Educación Infantil. ¡Moitas Felicidades Paula!
Esta é a pomba que presentou Paula ao concurso |
O premio era un libro
"La paloma Maripaz"
Nos demais ciclos de primaria tamén tivemos gañadores
E chegou o momento de cantar a canción que preparamos esta semana nas clases
"Si tú buscas Paz,
para que el mundo funcione
no lo dudes más,
empieza por tu cole"
E... ¿sabedes o que fixemos pola tarde na Sementeira?
¡¡comernos unha pomba!!
O papi de Paula trouxo pola mañán unhas tartas para festexar o Día da Paz e pola tarde demos boa conta delas
Pasamos pola clase de 5 anos para mostrarlle aos compis a nosa pombiña de chocolate. El@s tamén estaban de festa
"Si tú buscas Paz,
para que el mundo funcione
no lo dudes más,
empieza por tu cole"
¡¡comernos unha pomba!!
O papi de Paula trouxo pola mañán unhas tartas para festexar o Día da Paz e pola tarde demos boa conta delas
Pasamos pola clase de 5 anos para mostrarlle aos compis a nosa pombiña de chocolate. El@s tamén estaban de festa
O día da paz tiñan que ser todos os días do ano, pero...
ResponderEliminarE non me extraña que cheguen sempre co buche cheo a casa estes pementeir@s... Qué sorte a vosa... Isto recordame unha ocasión que a avoa de Pablo se apuntou a un ximnasio "entre amigas" e despois de unha hora de sudar a camiseta, cada día unha delas levaba unha larpeirada e quedaban a "repostar" enerxía, ja,ja. Así o día seguinte tiñan que volver o ximnasio.
Bicos
¡Uy! Pili, que se che cruzan os cables, estes son Sementeir@s, jijiji. E tes razón que comen moito. Eu cada vez que entro teñen banquete. A Pomba xa che digo que estaba deliciosa, probeina e saboreeina con moito gusto porque Paula foi moi amable e invitoume! E dígoche que había moita Paz nesta aula!
EliminarJa, ja,ja. Xa ves o que fai a idade... Unha, que xa non sabe onde está... Vou ter que empezar a facer exercicios desos de "Brain Training"... Tamén influe bastante que me "encantan os pementos", e se son de Padrón.... (ainda que uns piquen e outros non)... Gracias Teté por correxirme, os teus anos ainda cho permiten, eu ... dia miña filla que o meu cerebro xa está gastado porque teño moitos anos. Debe ser iso. Bicos.
EliminarÉ verdade que somos uns lambóns pero tamén traballamos ¿eh?
ResponderEliminarnon vos pensedes que estamos de festa todo o día, que somos uns nenos e nenas moi traballadores!!!
Pili, a min tamén me gustaría ir ao ximnasio con túa nai! debe de ser moi saudable!! jajajaja