O pasado venres festexamos en infantil o Día do amor e a amizade
Sabela sorprendeunos cun corazón que trouxo da súa casa
E Pablo trouxo bombóns con forma de corazón
Pola mañán rematamos de facer uns marcapáxinas moi especiais baseados na lenda medieval de San Xurxo e o dragón
Pola tarde estivemos tod@s xunt@s na pantalla dixital disfrutando de varios cortos animados
Comemos os bombóns que nos regalou Pablo
E antes de marchar para casa a disfrutar da fin de semana, comemos unha chuche-corazón
Foi un día divertido no que tod@s disfrutamos da nosa amizade e nos demostramos o cariño que nos temos
Moi bo día sí señor, e moi boa celebración. A quererse todos moito... Bicos de corazóns para todos.
ResponderEliminarEu sempre lles digo os meus "Cantos mais amigos tes, mais rico es". A ver se algún día se acordan do que lles dicia súa nai.
ResponderEliminar