Este era o nome da actividade que se desenvolveu hoxe no colexio; todos os nenos e nenas, dende Educación Infantil ata Primaria recibimos a visita dunhas monitoras que nos prepararon uns bocatas moi saudables.
O turno de Infantil foi pola tarde polo que gardamos o bocadillo na mochila para comer de merenda na casa. Entre olivas, millo, mexillóns, atún, sardiñas, leituga, cenoira, cebola e queixo pasamos boa parte da tarde
O primeiro que fixemos foi esperar pacientemente o noso turno pois @s compis de 3 anos foron @s primeir@s en elexir os ingredientes do seu bocata
Aquí están tod@s content@s os peques
E chegou o noso turno
A clase de 5 anos tamén tiña moitas ganas de coller o seu bocata
Para rematar, as monitoras da actividade regaláronnos unha gorra
No hay comentarios:
Publicar un comentario