lunes, 12 de mayo de 2014

Rosalía de Castro

O venres pola tarde coñecemos a unha nova poeta na Sementeira: Rosalía de Castro. Ningún dos nenos e nenas a coñecía; Sabían que debera de ser unha persoa moi importante porque o noso cole leva o seu nome pero non sabían contestar a que se dedicaba nin onde vivira.
Visitamos varias páxinas web na procura de información. 
Atopamos a súa Casa da Matanza, que agora é un museo...
... e visitamos a través do ordenador algúns dos seus cuartos
 Tamén atopamos unha estatua de Rosalía de Castro no Paseo do Espolón, que moitos sementeiros e sementeiras recoñeceron
Despois fomos a dar unha volta polo cole e encontrámonos con que a nosa biblioteca leva o seu nome. Aquí está o cartel.
 E tamén atopamos un cadro de Rosalía. Alí fixemos un alto para recordar todos os datos aprendidos e facer unha pequena posta en común.
 Na aula xa comeza a estar presente a figura de Rosalía de Castro. Mirade o fondo de escritorio do noso ordenador.
Hoxe luns, ROI chegou emocionado cunha bolsa do supermercado que tiña debuxada a cara de Rosalía.
Seguiremos investigando na aula sobre esta xenial poeta das letras galegas e coñeceremos unha pequena escolma da súa obra.
Por certo,... xa tedes plans para este fin de semana?
dende a Sementeira queremos propoñervos unha visita en familia á Casa Museo de Rosalía de Castro
Deixámosvos o enlace á paxina web

1 comentario:

  1. Moi ben!!! Cada vez estes cativos coñecen máis escritores e máis poetas... ánimo para ampliar máis cada vez os vosos coñecementos. Biquiños para todos sementeiros!!!

    ResponderEliminar