Este venres estivemos xogando a pensar.
Se na primeira sesión pensamos cun cadro de Dalí e na segunda sobre o título dun conto, desta volta fixemos algo diferente.
Xogamos a pensar fóra, no patio de atrás; a profe íanos enseñando fotos de nubes e tiñamos que descubrir se tiñan algunha forma escondida.
Aquí están as fotos coas que xogamos a pensar:
O resultado da sesión recollerémolo no libro viaxeiro pero xa vos adiantamos que foi moi divertido.
Tivemos a mala sorte de que o venres non había nubes no ceo, polo que o de xogar a buscar formas nas nubes de Padrón terá que agardar a outra ocasión.
Unha vez na clase, convertémonos en escultores de nubes e cadaquén debuxou unha nube con forma.
Aquí están os resultados.
Pablo Piñeiro: unha ovella |
Irene: unha flor |
Paula: unha flor |
Luis: un neno chamado Nicolás |
Nerea: un corazón |
Carla: un sol |
Daniela: dúas flores |
Ainhoa: unha flor |
Alejandro: un círculo |
Carmen: unha flor e un peixe |
Breixo: un verme |
Roi: un pao |
Sabela: unha nube corazón |
Daniel: nubes |
Alessandro: unha ovella robot e un neno cun mando |
Iria: unha rosa |
Candela: unha flor |
Izan: unha flor |
Daniel: unha flor |
Anabel: un banco |
Ulises: unha mazán, unha casa e unha mesa |
Pablo: unha flor e un peixe |
Xoel: unha flor |
Queda pois pendente, xogar a buscarlle formas ás nubes. Hoxe en Santiago xa se pode xogar; e en Padrón?
¡SEGUIMOS IMAGINANDO! CREO QUE TODOS NOS HEMOS DIVERTIDO ALGUNA VEZ AL JUEGO DE LAS NUBES Y SIEMPRE FUNCIONA. LO INCREÍBLE ES QUE HABÉIS ELEGIDO UN DÍA EN PADRÓN SIN NUBES (CON EL MAL TIEMPO QUE HACE AQUÍ) Y ESO SÍ QUE ES RARO, JE, JE.
ResponderEliminar