jueves, 18 de septiembre de 2014

Xogos de Mesa

Esta semana estreamos xogos de mesa na Sementeira. Cando rematamos de facer as actividades impresas, e antes de merendar, temos tempo para xogar un pouco en pequenos grupos.
Cos xogos de mesa aprendemos, entre outras cousas, a respectar sinxelas regras, incúlcannos paciencia ao ter que esperar a nosa quenda, nos axudan a saber levar unha frustación pois non sempre se gaña, fomentan o noso pensamento lóxico e aprendemos a traballar en equipo.

1 comentario:

  1. Está moi ben que aprendan que non sempre se pode gañar. As veces tamén se perde e non pasa nada.

    ResponderEliminar