Esta semana aproveitando unha sesión despois do recreo, estivemos falando das cousas que coñecemos sobre o ESPAZO xa que, como sabedes, é o tema do noso novo proxecto de ciclo en Educación Infantil.
O noso mural coas ideas previas quedou así de completo
Tamén hai cousas que queremos aprender
Temos por diante moitos días de investigación para poder averiguar as respostas a todas estas preguntas e a moitas outras que, de seguro, xurdirán a medida que traballemos no noso proxecto.
O seguinte que fixemos foi un debuxo baseándonos nesas ideas previas das que estivemos falando
Son uns debuxos moi creativos non vos parece?
Pronto pediremos a vosa colaboración para encher de material o noso recuncho espacial
Será unha viaxe moi emocionante!
Carambas.. Pois si que me sorprenderon estes sementeiros e sementeiras con todo o que xa saben o espazo. Pero seguro que a finais de curso dannos unhas cantas leccions a todos nos. Adiante con eso que será divertido.
ResponderEliminarTeñen moitas ganas de empezar pili!!
Eliminar