miércoles, 8 de octubre de 2014

Xogamos a Pensar

A semana pasada e onte estivemos xogando a pensar. Foi unha actividade que dividimos en dúas sesións.
Na primeira sesión a profe ensinounos esta lámina (sen explicarnos que era un cadro)

Fíxonos un montón de preguntas:
- que vedes na lámina?
- cantos cadrados e rectángulos hai?
- por que non están pintadas todas as formas xeométricas?
... e moitas outras
Xa sabedes que o resultado íntegro das nosas sesións de xogar a pensar poderedes velo no libro viaxeiro que faremos cando rematemos todas as sesións.
 Marcamos os rectángulos e probamos a colocar na lámina novas figuras xeométricas
 
Ao final da actividade a profe explicounos que esa lámina era un cadro pintado por un artista chamado Piet Mondrian, titulado "composición en rojo, amarillo y azul"
Na segunda sesión decidimos facer a nosa propia composición.
A profe repartiunos un folio con varios cadrados e rectángulos. Tiñamos que colorear e picar varios e pegalos nun papel contínuo para facer a composición
 Chegou un momento no que na nosa composición xa non cabían máis figuras xeométricas e decidimos deixar de pegalas.
O seguinte que fixemos foi xuntarnos en asamblea e contemplar o resultado final
A profe preguntou que elemento faltaba para que a nosa composición se parecese máis se cabe á de Piet Mondrian. Custou un pouco averigualo pero ao final Alessandro dixo que faltaban as raias negras. Tod@s estivemos de acordo.
Entón a profe volveu a facer outra pregunta: como podemos facer as liñas rectas? e Pablo Piñeiro moi convencido dixo: "las tenemos que hacer con tranquilidad".
Despois dun breve coloquio caemos na conta de que se utilizabamos unha regra poderiamos facer as raias dereitiñas.
En parellas fixemos o traballo
Este foi o resultado final
O último que fixemos foi poñerlle un título. Despois de varias opcións a gañadora por maioría foi:
COMPOSICIÓN COLORINES

3 comentarios:

  1. ME ENCANTA LA ACTIVIDAD DE PENSAR Y EL ACERCAMIENTO DE LOS PEQUES A LA PINTURA. LA COMPOSICIÓN FINAL QUEDO MUY CHULA.
    AHORA COMO MAMÁ DE PABLO, ME HIZO MUCHA GRACIA LA RESPUESTA A COMO HAY QUE HACER LAS LINEAS RECTAS. CON TRANQUILIDAD, JE, JE. MUY BUENO

    ResponderEliminar
  2. Creo que estamos contemplando unha obra de arte fabulosa e diria que case imposible de plaxiar. Jaja.

    ResponderEliminar