Hoxe dedicamos o día completo a coñecer o significado da decena.
Primeiro explicamos na aula que un conxunto de dez elementos recibe o nome de decena. Despois estivemos na aula se psico facendo conxuntos de 10 compañeiros-as.
Ao principio tivemos algún problemilla para organizarnos, pero despois dun rato conseguimos formar dúas decenas
Nesta foto podedes ver con claridade as dúas decenas formadas. E tamén podedes ver a cara que lles quedou a Candela, Daniela e Carla, que non conseguiron formar parte de ningún conxunto. Pero en canto expliquei que elas eran as unidades puxéronse todas contentas.
A seguinte actividade consistía en formar unha decena utilizando pezas de construción. Dividíronse por equipos pero non foron capaces de facer o que a profe pedía porque en lugar de compartir as pezas con todos os membros do equipo, cadaquén quería facelo sen axuda de ningún compañeiro-a e resultaba imposible.
Como non conseguimos poñernos de acordo, volvemos para a aula e fixemos a tarefa de xeito individual. Tivemos que escribir na mesa un conxunto con dez unidades (guauuu....a profe deixounos escribir na nosa mesa!!!)
Pola tarde fixemos a mesma actividade individual pero con tapóns.
Cando rematamos, contamos os tapóns sobrantes, as unidades
Como actividade final, fixemos todas as decenas posibles agrupando estrelas no encerado
e tamén contamos as unidades
para rematar apuntamos o resultado
Despois de tanto traballo chegou a hora de divertirse coa plastilina.
Irene tivo a idea de facer unha decena de bolas; sacamos unha foto e moi pronto máis compis se animaron e fixeron unha decena de churros, velas, bolas, marcas na plasti,..
Moi ben feito rapaces.
ResponderEliminarSeguide así !!!!!!!.
Grazas mami!!! a verdade e que o pasaron moi ben ese día
ResponderEliminar