Na aula seguimos cos preparativos para ter todo listo e poder levar os nosos traballos do primeiro trimestre para casa. Estas fotos son de hai uns días; estivemos picando un cadrado nunha cartolina para a portada das nosas fichas.
Tamén coloreamos e recortamos estrelas para formar unha gran árbore de nadal con todos os compañeiros e compañeiras de Educación Infantil.
Traballamos tanto que nos entrou unha fame tremenda. Menos mal que os nosos compañeiros PABLO e XOEL son tan precavidos que trouxeron avituallamento para estes días.
No hay comentarios:
Publicar un comentario