Esta semana na clase estivemos organizando unha sorpresa para as familias Sementeiras
POSTAIS NAVIDEÑAS
Esperamos que o carteiro non teña problemas para ler as direccións e que todas as postais cheguen ao seu destino!!
Esperamos que o carteiro non teña problemas para ler as direccións e que todas as postais cheguen ao seu destino!!
Escribimos, debuxamos e tamén coloreamos e recortamos un debuxo para adornalas
A portada da postal ten unha fermosa Árbore de Nadal
Escribimos o noso nome e apelidos no remite cos bolis de purpurina
O momento máis complicado da actividade foi pegar o selo e pechar o sobre
Por último escribimos a dirección a onde esperamos que cheguen as nosas postais
(se non se perden polo camiño)
Soamente tiñamos que pedirlle a Manolo que as botase á caixa de correo, e alá fomos
Agora soamente queda esperar a que chegue o carteiro polas casas cos nosos bos desexos
Estade moi atent@s ao buzón!
pd. se chegan ao seu destino escribídenos un comentario no blog para contárnolo!!
Xa está tardando o luns para ir mirar no buzón a ver se temos algo. Estou impaciente. Que boa idea!!!
ResponderEliminarE agora entendo porque Pablo me dixo o outro día, cando lle chegou a el a felicitación de Pablo P. (agora que saben escribir, carteanse), que Ana tiña cadros como aquel (o selo). Ja,ja,ja...
Bo Nadal a tod@s
A casa de Pablo Miguéns chegou unha felicitación preciosa. Gracias.
ResponderEliminarHEMOS RECIBIDO LA FELICITACIÓN QUE HIZO PABLO. GRACIAS POR ESTA GRAN SORPRESA. FELIZ NAVIDAD!
ResponderEliminar