Dende 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da No Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.
Nesta data recórdase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
Nesta data recórdase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
Este ano no colexio Rosalía estamos a escribir cartas con mensaxes de paz a outros coles que se chaman como o noso. Á nosa clase tocoulle escribir ao CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia;
Como non coñeciamos ningún dato sobre este cole, onte estivémolo a buscar en internet e encontramos unha foto. Tamén vimos que o carnaval en Xinzo se vive dunha forma moi especial e ata teñen unha festa na que todos os participantes se tiran quilos e quilos de fariña os uns aos outros.
Hoxe, unha vez rematada a nosa carta, que escribimos en consenso,fomos ao corredor a colgar
unha copia para que todo o colexio a poida ler e así tamén vimos as dos
cursos que xa as remataran de redactar.
o venres reunirémonoso tod@s para lelas e cantar unha canción que xa estamos a ensaiar.
![](http://2.bp.blogspot.com/-4VeNKgk-LCM/VMlPNONff9I/AAAAAAAAPbg/LXdJVEze1W8/s1600/IMG_20150127_154057.jpg)
![](http://4.bp.blogspot.com/-UJYMxT67BKs/VMlObgtGzrI/AAAAAAAAPbI/asCzYfuLmT8/s1600/IMG_20150127_154526.jpg)
![](http://2.bp.blogspot.com/-scHaa1q3EEc/VMlO2hdDVcI/AAAAAAAAPbY/g0q5JOMxf0Y/s1600/IMG_20150127_154919.jpg)
![](http://4.bp.blogspot.com/-Vi9q8ZzJFPo/VMlPXOhtnLI/AAAAAAAAPbo/Dtkku9-d4yY/s1600/IMG_20150127_155343.jpg)
![](http://1.bp.blogspot.com/-QcHmZEiKMUY/VMlP0X-4qiI/AAAAAAAAPbw/0s2eoIpDo6I/s1600/IMG_20150127_163532.jpg)
![](http://2.bp.blogspot.com/-z3ZK-dgCho4/VMlP2nHuBzI/AAAAAAAAPb4/QG3P-tRXcns/s1600/IMG_20150127_164232.jpg)
![](http://4.bp.blogspot.com/-FRlqWFvJh7w/VMlRRGeHh_I/AAAAAAAAPcI/UCDzW4by4jw/s1600/IMG_20150128_112449.jpg)
![](http://1.bp.blogspot.com/-HCOCs1P1hnE/VMlReyRdetI/AAAAAAAAPcQ/Nnk_Qde3Vzo/s1600/IMG_20150128_113235.jpg)
![](http://3.bp.blogspot.com/-sZgIhAOmRa4/VMlRk_1ya7I/AAAAAAAAPcY/eIIUsitWXH4/s1600/IMG_20150128_113719.jpg)
![](http://4.bp.blogspot.com/-kUU3pI2em9s/VMlRs8sEAxI/AAAAAAAAPcg/_FuZme8KiRM/s1600/IMG_20150128_113929.jpg)
![](http://4.bp.blogspot.com/-o7z4XZLA6y0/VMlSWdksXTI/AAAAAAAAPcw/eLw_k4mf5nQ/s1600/IMG_20150128_114514.jpg)
![](http://4.bp.blogspot.com/-G7TIhbobxZs/VMlSGBI4pZI/AAAAAAAAPco/wxDKRqYz94w/s1600/IMG_20150128_114952.jpg)
![](http://1.bp.blogspot.com/-su4n5FNMqpw/VMlSwORWcXI/AAAAAAAAPc4/KWIt61EzEys/s1600/IMG_20150128_115541.jpg)
![](http://1.bp.blogspot.com/-xxsPECk_TKw/VMlVUe-c1WI/AAAAAAAAPdE/W_bNOam7Q3U/s1600/IMG_20150128_120121.jpg)
O venres conmemoraremos esta data como se merece