miércoles, 28 de enero de 2015

Cartas para a PAZ

Dende 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da No Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.
Nesta data recórdase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

Este ano no colexio Rosalía estamos a escribir cartas con mensaxes de paz a outros coles que se chaman como o noso. Á nosa clase tocoulle escribir  ao CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia;

Como non coñeciamos ningún dato sobre este cole, onte estivémolo a buscar en internet e encontramos unha foto. Tamén vimos que o carnaval en Xinzo se vive dunha forma moi especial e ata teñen unha festa na que todos os participantes se tiran quilos e quilos de fariña os uns aos outros.

Hoxe, unha vez rematada a nosa carta, que escribimos en consenso,fomos ao corredor a colgar unha copia para que todo o colexio a poida ler e así tamén vimos as dos cursos que xa as remataran de redactar.

o venres reunirémonoso tod@s para lelas e cantar unha canción que xa estamos a ensaiar.

 






 

O venres conmemoraremos esta data como se merece

viernes, 23 de enero de 2015

Tarde na Biblioteca

Hoxe pola tarde estivemos na biblioteca contando un conto novo
 "A Henry gústanlle os libros, mais non coma ti e coma min, non... A el encántalle comelos"
É divertidísimo!!

Aproveitamos para recordarvos que o vindeiro xoves iremos a Padrón a ver a actuación musical de "Pitusa Semifusa". Estamos ansios@s por vela...

jueves, 22 de enero de 2015

Unha tarde divertida

Hoxe pola tarde estivemos na pizarra dixital xogando.
Pasámolo moi ben con dous xogos "espaciais".
No primeiro tiñamos que adiviñar os planetas, que orbitaban arredor do sol.
Este é o enlace para que xoguedes na casa:
No seguinte, coloreamos un debuxo entre tod@s.
Aquí tedes o enlace:

miércoles, 21 de enero de 2015

Correo Postal

Este venres recibimos na Sementeira unha sorpresa moi especial pois o noso compañeiro ALESSANDRO, que estas vacacións de Nadal estivo de viaxe en Alemania, mandounos unha postal dende tan lonxe e... CHEGOU!!!
MOITAS GRAZAS ALESSANDRO!!

lunes, 19 de enero de 2015

MOCHILA ESPACIAL

Hoxe é o primeiro día de viaxe dunha mochila moi especial polas casas sementeiras.
 É a nosa "Mochila Espacial", chea de material sobre o noso proxecto, que levaremos a casa un luns e devolveremos un venres polo que poderemos disfrutar dela durante un montón de días.
Contén o seguinte material:
un poema que xa traballamos na aula e tod@s coñecemos
Un mémori para xogar a buscar parellas e un DVD con debuxos animados "espaciais"
Un cómic
O Principiño
A biografía de Galileo Galilei
Un libro con información sobre o Universo
 E, por último un caderno de viaxe onde poder anotar as vosas impresións sobre todo o material enviado
A primeira en levar a super mochila para casa foi Candela;
 esperamos que a disfrute moito!!
periodo de adaptación