miércoles, 27 de enero de 2016

Wangari Maathai

Hoxe rematamos o cartel que estivemos elaborando de maneira conxunta as tres aulas de infantil. Pola tarde colocámolo no corredor do cole, ao lado dos carteis que fixeron os compañeiros e compañeiras de Educación Primaria para conmemorar o Día da PAZ.
 Aquí están os traballos de primaria

Este é o noso cartel. Quedamos moi satisfeit@s do resultado final. Traballando en equipo conseguimos facer traballos tan completos coma este.

 O carte luce aínda máis visto de preto. Se vos pasades polo cole adicádelle un intre a observalo con atención pois ten moita información sobre Wangari.


martes, 26 de enero de 2016

Carteis Varios

Levamos un par de semanas a un ritmo frenético de traballo nas aulas de Educación Infantil pois estamos levando a cabo varios traballos conxuntos todas as aulas.
O primeiro, xa rematado, é un cartel que fala da vida do homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas (Manuel María). 
Moitas das aulas de primaria, xunto con infantil, elaboramos carteis onde se recollen algúns dos datos máis importantes da vida e obra do autor; a nosa intención e mandar todo este traballo en equipo a un concurso organizado a nivel autonómico e no que participan, seguro, moitos outros coles.
A parte que tocou reseñar no cartel a Educación Infantil foi a voda de Manuel María con Saleta Goi. Nós tamén quixemos salientar que, entre os dous, abriron a libraría "xistral" en Monforte de Lemos.
Resultado de imagen para manuel maria
Na Sementeira fixemos pegadas cos nosos dedos, imitando un camiño
Para montar o resultado final reunímonos as tres aulas de infantil
 Aquí está 
Unha vez rematado puxémonos mans á obra co seguinte cartel.
Desta volta e para conmemorar o Día da Paz (30 de xaneiro) o cole organiza unha exposición onde se salientarán personaxes e/ou institucións que traballan pola PAZ. 
Educación Infantil traballará sobre a figura de WANGARI MAATHAI, Premio Nobel da Paz no ano 2004
Resultado de imagen para WANGARI 
Hoxe na Sementeira lemos o conto "Wangari y los árboles de la paz"
E empezamos a traballar,...
 Traballamos moi concentrad@s a ritmo dunha canción que nos encanta


Pola tarde estivemos pintando con diferentes utensilios
e tamén pegamos algunhas das letras que irán no cartel
Cando teñamos o noso traballo rematado seguro que quedará xenial!!

lunes, 25 de enero de 2016

Letras e Celebracións

Na sementeira estamos a coñecer as letras do abecedario. Para irnos familiarizando temos un xogo divertidísimo onde debemos poñer a proba a nosa destreza manual pois trátase de coser; mirade, mirade,...
Estamos aprendendo como se chaman as letras que compoñen os nosos nomes:
formamos o noso nome con selos que estampamos nun folio.
(a técnica da estampación non a dominamos de todo e parece que as letras están bailando un rock and roll no folio)
E tamén estamos traballando as iniciais:
pegamos a nosa inicial despois de buscala entre un montón de letras.
Hoxe luns festexamos o aniversario do noso compañeiro ALEJANDRO
Trouxo unhas galletas riquísimas para compartir. Moitas grazas!!
O xoves pasado incorporouse de novo á escola PAULO, que estivo maliño. Dende "A Sementeira" quixemos animalo moito e mandámoslle por Paula, a súa prima, uns debuxos feitos con moito cariño.
 E para celebrar a súa recuperación, o venres trouxo galletas para tod@s.
Despois da comilona, e antes de marchar para casa, tivemos tempo de xogar unha partida ao dominó da sabana africana.