viernes, 22 de marzo de 2013

OVOS DE PASCUA

Hoxe Alessandro trouxo unha sorpresa moi especial ao cole: 
OVOS DE PASCUA PINTADOS DE MOITAS CORES!
Estivo toda a semana traballando cos seus papis na casa para traernos estos ovos tan especiais; trátase dunha tradición en Alemaña, país no que viviu durante moitos anos o papá de Alessandro e quixeron compartila connosco.
Alessandro explicounos o que fixo para colorear os ovos
Despois entregou con moito coidado un ovo de pascua a cada compañeiro. 
 E ata houbo para as profes!
¡Quedamos tod@s impresionad@s!
E claro, despois da sorpresa inicial, decidímonos a probalos
(que a larpeir@s non nos gaña ninguén)    ;)
MOITAS GRAZAS ALESSANDRO E FAMILIA POR COMPARTIR COS SEMENTEIROS E SEMENTEIRAS ESTA TRADICIÓN

As Nosas Iniciais

O xogo viaxeiro "AS NOSAS INICIAIS" xa está preparado para viaxar.
 Agora está de vacacións de Pascua, pero á volta irá por todas as casas para que poidades xogar en familia.

miércoles, 20 de marzo de 2013

Xa se achega a PASCUA

Na aula "A Sementeira" somos tod@s moi larpeir@s,
cousa que saben moi ben na casa de Pablo Piñeiro,
 e para ir preparando o corpo para a Pascula,
 mandáronnos...
OVOS DE CHOCOLATE!!!
Mmmmm.... imposible resistirse!!

¡MOITAS GRAZAS PABLO E FAMILIA!

Xogamos con LETRAS

Mirade o ben que o pasamos na "Mesa das Letras" 
compoñendo palabras con letras móbiles.
Traballamos de xeito individual 
con letras maiúsculas,
e cando precisamos axuda 
non dudamos en pedirlla ao noso compañeiro/a.