miércoles, 12 de noviembre de 2025

Adxectivos e contrarios

 Na Sementeira seguimos traballando cos contos; estamos aprendendo a distinguir os adxectivos e empezamos unha nova listaxe con todos os que atopamos no momento da lectura do conto; Tamén pensamos cal será o seu contrario





 
 Cada día que pasa atopamos máis adxectivos. Hoxe tivemos moita tarefa apuntando os que aparecían nun conto que trouxo Noel 
 

 Somos os detectives dos adxectivos!
;) 



 En gran grupo pensamos nos adxectivos cos que podemos describir a Carapuchiña e ao Lobo Feroz e copiámolos do encerado. Cando non se nos ocorre ningún, revisamos de novo os textos do conto e sempre atopamos unha palabra nova coa que, pouco a pouco, ir ampliando o noso vocabulario.

 



AS propostas das que estamos disfrutando estes días están pensadas para traballar sobre todo, a motricidade fina, a lateralidade e a orientación espacial.

















 




















 Seguindo coa práctica da motricidade fina, as tesoiras son cada vez máis recorrentes nas tarefas cotiás. Recortamos e pegamos en orde unha secuencia de viñetas co conto de Carapuchiña Vermella.









 O venres pasado recollemos todas as manualidades que fixemos durante o Samaín e levámolas para casa nun sobre terrorífico


 Onte estreamos un xogo novo de fichas de dominó de cores. Empezamos xogando tod@s xunt@s pero pronto nos demos conta de que non avanzabamos porque se nos caían constatemente e non todos podíamos xogar. 



 A profe preguntou como podiamos organizarnos mellor para que o xogo fose máis divertido. Era última hora e non había moitas ganas de pensar polo que despois dun intre propuxo dividirnos en equipos (non en parellas) e repartir as fichas; despois dun longo rato de distribución en equipos (algunha discusión) e zonas da aula, empezou a competición. Había que formar liñas rectas: Unha vez dominada esa colocación, voou a imaxinación e formáronse figuras colocando todas as pezas.

 

O primeiro equipo en formar unha fila con todas as pezas foi o formado por PAULO, LOIS e DANIELA. Amosaron moita capacidade de diálogo, organización e sobre todo, paciencia e traballo en equipo para colocar as fichas. PARABÉNS! 















 Hoxe na sesión de ioga estivemos en gran grupo xogando ao xogo das ÁRBORES SILENCIOSAS, unha variante do Zapatiño Inglés (esquecín sacar fotos). Rematamos como sempre, cunha sesión de relaxación; esta vez vimos o conto "Respira" na PDI e practicamos diferentes maneiras de respirar e alcanzar a calma.