A aula "A Sementeira" participa no Proxecto Ríos
En
2005 nace o Proxecto Ríos en Galicia, coordinado por ADEGA, cos
propósitos de divulgar a situación ambiental dos nosos cursos fluviais,
contribuír a incrementar a concienciación ambiental a través da
participación cidadá e aportar solucións aos problemas asociados á auga e
aos ríos, así como de convertese nun referente nos programas de
educación e voluntariado ambiental.
Na actualidade este proxecto está promovido pola Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través dos organismos Augas de
Galicia e Instituto de Estudos do Territorio.
Na
páxina web do centro temos un apartado adicado a todos os traballos
levados a cabo polo alumnado relacionados co Proxecto Ríos.
Este ano traballamos na elaboración dun caderno de campo no que recollemos mostras de dúas plantas que podemos atopar facilmente na beira do río cando imos de paseo: os fieitos e os estalotes. Coñecemos as plantas, compuxemos o seu nome con palabras móbiles e copiámolo de xeito autónomo, prensamos varios fieitos e estalotes para o noso caderno, e por último pintamos con pinceis para os dedos e bastoncillos
Colocamos os fieitos debaixo dunha caixa de libros e esperamos varios días a que estivesen esmagados |