viernes, 26 de febrero de 2016

Aniversario de Rosalía

Este mércores lembramos a Rosalía de Castro no día do seu aniversario.
 Na "Sementeira" demostramos as nosas dotes artísticas pintando con témperas sólidas un retrato da nosa gran poeta, que levamos para casa. Como ben nos escribiu nun comentario un papi os nosos cadros teñen un estilo moi Andy Warhol,... pero co toque final "sementeiro"
Aproveitamos para agradecer a tod@s aqueles que adicades un minutiño a deixarnos as vosas opinións no blogue. Fannos moita ilusión !!
Aquí está o resultado final
 O Equipo de Dinamización da Lingua organizou un concurso de debuxos e relatos baixo o título de "ROSALÍA VIAXA A ÁFRICA". 
Na nosa clase Lía, Lucas e os dous Pedros animáronse a participar e,  aínda que non houbo sorte co" premio grande" recibiron a súa recompensa polos seus debuxos tan coloridos e o esforzo na realización. Xa sabemos que o importante sempre é participar e disfrutar en familia das diferentes propostas que se fan dende o centro (con esa intención convocamos este tipo de concursos). Pero,... se nos fan un pequeno agasallo moito mellor non vos parece ?
Estos son os seus debuxos, expostos no corredor do cole
debuxos dos nenos e nenas de 5 anos
as aportacións da aula de 4 anos
1º de Educación Primaria
2º de Educación Primaria
4º de Educación Primaria
5º de Educación Primaria
6º de Educación Primaria
3º de Educación Primaria
E aquí están os traballos gañadores
En Educación infantil recibiu o premio a nosa compañeira "Pementeira" Inés, da clase de 5 anos. Moitas felicidades !!
En primaria recibiron premio Adriana e Cayetana, de 2º curso
Noraboa aos gañadores e moitas grazas a tod@s @s participantes por implicarse na realización das actividades que propoñemos dende os equipos.

sábado, 20 de febrero de 2016

Escribimos o noso Nome

Levamos un tempo traballando no recoñecemento do noso nome.
 Facemos moitas actividades diferentes cada día; esta semana estivemos rodeando no encerado a letra inicial do noso nome.





 Outra das rutinas que facemos cando rematamos a nosa tarefa impresa, pola parte de atrás do folio, escribimos o noso nome. A medida que imos practicando cada vez nos sae mellor. Moit@s de nós xa o escribimos se problemas
Parabéns a Lía, Pedro Pérez, Aitana Rivas, Lucas, Amaya, Carmen, Paula Ces, e Paulo
Outr@s moit@s estamos a puntiño de conseguilo
Con práctica pronto acadaremos mellores resultados, seguro!! 
Esta semana estivemos preparando un libro viaxeiro para xogar cos nomes. Xa case o temos rematado e pronto visitará as casas "Sementeiras"