lunes, 29 de abril de 2019

Cumples e Periódico

A semana pasada tivemos dobre celebración na aula pois as nosas compañeiras CRISTINA e AROA celebraron o seu aniversario.
A primeira en facelo foi Cris, que o xoves pasado trouxo galletas para tod@s.
E o venres comemos un delicioso biscoito para festexar os 5 anos de Aroa
 Aproveitamos esta entrada para contarvos que temos equipos novos. Escollemos libremente un novo sitio onde sentarnos e tivemos que poñernos de acordo entre todos para escoller o nome do noso equipo, pero chegamos pronto a un acordo.
EQUIPO PERSEO
EQUIPO MEDUSA
Hoxe levamos para casa un novo exemplar de NOVAS DE INFANTIL
Esperamos que vos guste !

jueves, 25 de abril de 2019

Día do Libro e unha Medalla

O día 23 de Abril celébrase o Día do Libro pero como este ano coincidiu co martes de Pascua, deixamos a celebración para o día seguinte; así pois o mércores e despois de contarnos todas as nosas aventuras pascueiras, fixemos un listado cos nosos contos favoritos.
E coñecemos un personaxe que seguro que na casa vos sona,... o Principiño.
Na biblioteca disfrutamos dunha sesión de contacontos.
Aproveitamos a exposición de libros que había para mercar dous contos para a nosa biblioteca de aula: un de ioga e outro sobre mitos.
E a nosa compi CARLOTA trouxo un conto de regalo para toda a clase, que nos gustou moito. Neste fermoso libro a nai do lobiño aconsella ao seu fillo e o prevén sobre como ten que comportarse no caso de atopar a Carapuchiña e o cazador no camino.  E, sabedes un segredo? pois que os lobos están fartos de ser os malos dos contos.
Para rematar este fantástico Día do Libro recibimos a visita de AMAYA, unha ex-Sementeira que nos mostrou orgullosa a medalla conseguida co seu equipo de ximnasia rítmica no campionato de España. Non é para menos porque acadaron a prata! Noraboa !!
Amaya respondeu a todas as nosas preguntas e ensinounos o exercicio co que o seu equipo quedou en segunda posición a nivel nacional.

BRAVO AMAYA !