Menudo título máis apetecible para o conto que nos veu a contar a mami de Carolina. E se os protagonistas somos nós, mellor que mellor non vos parece? Rimos dende o principio ata o final con esta fantástica historia onde o protagonismo recae n@s Sementeir@s (e na súa profe).
Carolina fixo entrega do diploma a Raquel e despois repartiron de regalo un conto a cada compañeir@.Vaia regalazo!
Este conto personalizado xa forma parte dos libros preferidos da profe Ana, e ocupa un lugar destacado na súa colección de contos. Moitas grazas por este gran recordo!