jueves, 26 de marzo de 2015

Regalos Pascueiros

Xa tod@s sabemos que se están achegando unhas das vacacións máis agardadas por tod@s: a Pascua. Na sementeira hai días que soamente se fala dun tema: as atraccións que están montando no Espolón. Estamos tod@s moi emocionad@s e expectantes coa revolución que se está montando en Padrón. Os nosos compañeiros XOEL, ALESSANDRO e PABLO MIGUÉNS quixeron compartir connosco uns agallasallos moi especiais para facer esta espera pascueira un pouco máis levadeira.
 Pollitos de pascua clip art
Pablo Miguéns trouxo un coelliño cheo de larpeiradas para compartir con todos os compañeiros e compañeiras de Educación Infantil antes de marchar de festa.
Alessandro trouxo ovos cocidos para tod@s igual que estes anos anteriores, polo que tivemos unha merenda do máis consistente.





Xoel quixo ter un detalle con cada compañeir@ sementeir@ e regalolles uns lapis de cores e oviños de chocolate. Temén houbo para as profes.
MOITAS GRAZAS ás familias dos nosos tres compañeiros por todos estos detalles!
ENCANTÁRONNOS!!
Aproveitamos esta entrada para contarvos que seguimos inmersos no noso proxecto espacial. Estos días estivemos coñecendo os planetas enanos. Sabiades que hai un que se chama MAKEMAKE? foi descuberto no ano 2005 a través do telescopio espacial Spitzer.
O máis curioso é o que averiguamos hoxe pois o seu nome orixinal foi o de Easterbunny (coello de pascua en inglés) xa que fora descuberto na semana da Pascua. O seu nome definitivo, Makemake, que corresponde ao deus creador da mitoloxía da Illa de Pascua, foi elexido para manter unha relación coa Pascua.

Pasamos unha mañá moi divertida buscando información sobre a Illa de Pascua en internet e aprendimos un montón de cousas novas.
pascua1
Isla-de-Pascua-Chile

lunes, 23 de marzo de 2015

Manualidades

Aproveitando a chegada da nova estación, estivemos facendo estes cadros tan primaverais...
...moi do estilo do pintor Andy Warhol, non vos parece?
 Andy Warhol, flowers, rosa valls formació, arte floral
 O primeiro paso foi colorear catro cadrados con témperas sólidas e o segundo debuxar, colorear e recortar unha flor para cada cadrado. 
Pablo, Nerea e Roi xa remataron a tarefa e quedoulle fantástica.
Esta chegando o final do segundo trimestre e xa estamos metid@s de cheo na decoración das portadas dos nosos traballos e das bolsas onde os vamos a levar para casa.
Unhas nubes moi coloridas serán as portadas das fichas que fixemos estes meses
 As bolsas teñen un montón de traballo: pintamos con rodillo, estampamos unha esponxa con forma de coelliño, pegamos pegatinas e por último decorarémola cunha fermosa bolboreta. Temos moitas ganas de rematala para que vexades o bonitas que quedan!!
Empezamos a facer unhas coroas que teñen por protagonista a un coelliño de pascua. O xoves xa as levaron para casa algúns compañeiros-as que as tiñan rematadas
 Como podedes ver, estamos ocupadísim@s con tantas manualidades!