miércoles, 27 de septiembre de 2017

Como medra o Recuncho !

Esta semana temos un montón de material novo que colocar no recuncho. Todos os días chega algún sementeiro e sementeira con libros, cunchas, fotografías, murais,... 
Ata temos un trofeo de surf 😱 e un collar de cuncha para a profe Ana 😁
 Así da gusto empezar un proxecto !
 
 
 
 



 
 
 
 

sábado, 23 de septiembre de 2017

Caracola

Temos no noso recuncho varias caracolas de mar; xa moitos sementeiros e sementeiras sabían que se achegamos a caracola á orella, podemos escoitar o mar. Pois iso foi o que fixemos.
 
 
 
 




 
 
 
 
 
 
 
 
 


miércoles, 20 de septiembre de 2017

Estreando Recuncho

Esta semana están empezando a chegar moitas cousas para o noso recuncho do Proxecto Nautilus; antes incluso de mandar unha nota para casa contando o tema xa houbo sementeiros e sementeiras que explicaron, seguro que perfectamente, que íamos a traballar o mar e xa trouxeron material para ir empezando a nosa investigación.
E toda investigación empeza facéndonos tres preguntas:
- que sabemos do mar?
- que nos gustaría aprender do mar?
- onde podemos buscar a información?
En conversa colectiva falamos de todo isto e a profe anotou as nosas opinións. Con este panel inauguramos o noso recuncho mariñeiro.

E aquí está todo o material
 

E a merenda de hoxe de KEILA resultou moi apropiada para o noso tema de estudo, non vos parece?