Os Kelpies son unhas bestas típicas da mitoloxía celta que segundo a lenda teñen a
forza de 10 cabalos.
Os habitantes de Escocia, saben que non deben achegarse a un lago á noitiña, xa que o máis probable é que se atopen cun fermoso cabalo. Conta a lenda que os viaxeiros ao atoparse co animal son incapaces de resistir a tentación de montalo e achéganse inmediatamente a el. O cabalo, extrañamente manso, permite ao viaxeiro que suba sobre o seu grupa, pero unha vez que logrou o seu propósito galopa ata o lago e arróxase na parte máis fonda, arrastrando ao xinete xunto con el.
Non hai lago que se prece en Escocia do que non se dixo nalgún momento que o habitaba un kelpie.
Investigando un pouco atopamos unha escultura moi curiosa en Edimburgo en honor a estos animais mitolóxicos; de feito é a escultura equina máis grande do mundo.
Decidimos facerlle un sitio a este animal no corredor de infantil e puxémonos mans á obra.
O primeiro que fixemos foi pintar con témperas un Kelpie. Elaboramos unha ficha impresa e coloreamos o noso particular kelpie con acuarelas.

Esta vez o equipo dos Bardos escribiu a información que acompaña ao noso kelpie do corredor,...
... e o equipo dos Druidas encargouse de pintar nudos celtas para decorar o mural.