viernes, 26 de mayo de 2023

Vaia Semana !

 Na Sementeira non paramos ! entre celebracións de aniversarios, sesións de contacontos e conmemoracións pasounos a semana voando !

Empezamos o luns decorando unha bolsa con debuxos e estampando flores para conmemorar o Día das Letras Galegas (moitas grazas ás profes Victoria e Nati por axudarnos 😉); este ano estivo adicado a Francisco Fernández del Riego e no corredor de Educación Infantil reservamos un espazo para homenaxealo entre todas as aulas elaborando un mural coas súas caroutas















































Este mes está a ser intenso en canto a aniversarios se refire, e esta semana foi o turno de IZAN e PAULA BARREIRO, que xa forman parte do clube dos seis anos. Parabéns !!

























Continuamos coas sesións de contacontos familiares. O mércores visitounos Sandra, a madriña de Adrián, que nos contou un conto moi divertido titulado ¡Cuidadito con este bebé!









Ao rematar Sandra e Adri tiñan varias sorpresas porque nos regalaron o conto para a aula e tamén unhas deliciosas chuches. Moitas grazas !!








Hoxe visitounos Mila, a mami de Ana e xuntas contaron un conto onde o protagonista non era quen de atopar un traballo á súa medida











Ao rematar, sorpresa ! un agasallo que abrimos emocionad@s ! un crebacabezas de 108 pezas con lupa incluída ao que de seguro lle daremos moito uso este último mes de cole, e tamén unha chocolatina que xa sabedes que nesta aula somos moi larpeir@s.  Moitas grazas !












Carla e Paula Pérez non tardaron en estrear o novo xogo e completaron o crebacabezas nun abrir e pechar de ollos




Aproveitando o bo tempo estivemos fóra debuxando campos de fútbol, mariolas, parques acuáticos, flores, paxaros e demais animais primaverais. Que bonito está o noso patio traseiro !



















que foto máis bonita, non vos parece?









"Profe sácame una foto que estoy paseando a un perro con la correa y todo"😉










Estreamos un xogo de equilibrio onde todos gañamos ou perdemos porque se xoga en equipo




















A semana pasada quedounos unha actividade no tinteiro, sen contarvos; plantamos un feixón máxico (ou esa era a nosa intención), porque a día de hoxe non ten pinta de medrar de xeito saudable 😕 pero bueno, como se di nestes casos, a intención é o que conta. Primeiro vimos a historia en internet, e despois plantamos a nosa semente
















Rematamos a actividade facendo un debuxo onde debían saír todos os protagonistas da historia













 Non pensedes que deixamos de lado as nosas sesións de ioga ! ata facemos mandalas humanos !












































Amelia trouxo un mémori de asanas que lle regalaron os Reis Magos e disfrutamos moito adiviñando as parellas e facendo as posturas



























Xa falta pouco para rematar a nosa andaina pola etapa de Educación Infantil, e na Sementeira estamos poñendo "Rumbo a Primaria" viaxando nuns fantásticos globos aeroestáticos. Sabedes unha cousa? temos a porta máis bonita de todo o cole !!
























Como podedes comprobar, non paramos !
Para a semana de seguro que temos moitas máis cousas que contarvos
😊
Bo finde familias !