Os nenos e nenas da aula "A SEMENTEIRA" de 4 anos do colexio Rosalía de Castro en Padrón, queremos darvos a benvida ao noso blogue, a través do cal vos iremos facendo partícipes das nosas aventuras. Moitas grazas por visitarnos!
domingo, 23 de junio de 2013
Marchamos de Vacacións
Despois de todo un ano de traballo, toca disfrutrar dunhas merecidas vacacións. O último día de cole serviunos para despedirnos e, co festeir@s que somos, facer unha última comilona antes de marchar a facer castelos de area, comer xeados ata que nos estoupe a barriga, non deixar durmir a siesta aos papis,...en fin todo eso que facemos durante os meses de verán
¡FELICES VACACIÓNS!
VÉMONOS EN SETEMBRO
Festival de Fin de Curso
O xoves día 20 celebramos o fin de curso cunha festa por todo o alto. Os nenos e nenas de Educación Infantil fomos os primeiros en actuar; nin que dicir ten que bailamos de rechupete (ou eso pensan as profes). ¡A nosa actuación foi das mellores!
Despois disfrutamos coas coreografías dos outros cursos e aplaudimos un montón
Ao rematar o festival unha nube de paparazzis inmortalizaron nas súas cámaras este feliz acontecemento. Tan concentrados estaban na súa tarefa, que non se decataron de que eles tamén estaban a ser fotografiados
sábado, 22 de junio de 2013
Excursión a Seira
O mércores 19 foi un día moi especial para os nenos e nenas de infantil do cole Rosalía, porque fixemos unha excursión ata a Casa do Bispo, en Seira para coñecer un pouquiño mellor a profesión do escultor Camilo Seira e, de paso, facer un percorrido pola horta da casa e ver todos os animais que alí teñen os papás da nosa compañeira Carmen.
Prestamos moita atención as explicacións de Nina e comezamos a visita
esta é Luna e acompañounos durante toda a mañá |
O primeiro que fixemos foi deixar as nosas merenda a bo recaudo, non fose a ser que a Luna lle entrase unha fame repentina ;)
Despois tocou o turno das presentacións e coñecemos a Camilo.
Decidimos dividirnos en dous grupos para comezar a visita e así, mentras
un grupo visitaba o taller o resto foron a ver os animais. Visitade os blogues dos Pementeiros e do Paseo do Espolón para ver todas as fotos!
Soamente puideron aventurarse pola herba mollada os nenos e nenas que levaban botas de auga.
O primeiro animal que coñecemos foi este fermoso mapache
Despois chegou voando un paxaro que un bo día se quedou a vivir no hórreo da casa
O estanque cos cisnes era precioso. E ata houbo alguén que se levou de recordo algún tesouro en forma de pluma
Coñecemos a Frida Kahlo e Diego Rivera
Bacon é un porco celta moi larpeiro porque... sabedes cal é a súa comida favorita? o chocolate!!
Bacon recoñece as persoas polo seu olor corporal e Candela, que o coñece, achegouse a saudar ao seu amigo
Antes de achegarnos a ver os parrulos, as crías de oca e un flamante pavo saíron ao noso encontro. E nós encantad@s, claro!
A casa das quicas gustounos moito pero a elas non as vimos porque andaban de paseo pola carballeira. Teñen unha vida moi estresante estas galiñas, non si?
Despois tocoulle o turno as ovellas, galiñas, pombas, coellos,... bufff a estas alturas xa perdimos a conta dos animais que teñen na Casa do Bispo
E finalmente chegamos ata a carballeira, onde están os cabalos e... unha casa na árbore!
Aquí cambiamos de guía e marchamos con Camilo a ver o seu taller. Tivemos que atravesar un bosque de bambú
No taller recibimos as explicacións de Camilo.
Cando quere facer unha escultura o primeiro que fai é un bosquexo nun papel
Despois empregando alambre e arxila modela a figura
Tamén nos contou que fai esculturas con caca de vaca, e a tod@s nos sorprendeu moito. Estivemos tocando e ulindo este material de modelaxe tan curioso
Para traballar a pedra emprega diversas ferramentas: cinceis, punteiros, mazas,...
E cando traballa a madeira utiliza unha motoserra pequena
Pinta cadros con diferentes texturas, que nos deixou acariñar
Amosounos un montón de pezas que forman parte da súa colección e contounos a historia dalgunha delas. Impresionáronnos: cabezas sentadas nun banco, nenas asomando polas fiestras, flores xigantes,...
E se pensades que aquí rematou a xornada, estades moi equivocad@s, porque o seguinte que fixemos foi xuntarnos tod@s para merendar. E de postre, un xeado xentileza da Casa do Bispo. Así da gusto!
A avoa de Carmen amosounos os diferentes tipos e tamaños de ovos que teñen na casa
Non temos palabras para agradecer á familia de Carmen, papá, mamá e avós polo cariño con que nos trataron, todo o que aprendimos con eles e o trato que recibimos. Moitísimas GRAZAS! Pasamos unha mañán fantástica que gardaremos para sempre no recordo.
No taller recibimos as explicacións de Camilo.
Cando quere facer unha escultura o primeiro que fai é un bosquexo nun papel
Tomamos boa nota de todo o que nos estaba a contar. Seguro que cando xoguemos coa plastilina nos acordaremos de Camilo |
Gústalle moito facer figuras de gaiteiros; incluso ten unha marioneta
Pinta cadros con diferentes texturas, que nos deixou acariñar
Amosounos un montón de pezas que forman parte da súa colección e contounos a historia dalgunha delas. Impresionáronnos: cabezas sentadas nun banco, nenas asomando polas fiestras, flores xigantes,...
Este gato está feito a partir dun debuxo que fixo Martín, o seu sobriño, cando tiña 4 anos |
E se pensades que aquí rematou a xornada, estades moi equivocad@s, porque o seguinte que fixemos foi xuntarnos tod@s para merendar. E de postre, un xeado xentileza da Casa do Bispo. Así da gusto!
A avoa de Carmen amosounos os diferentes tipos e tamaños de ovos que teñen na casa
Non temos palabras para agradecer á familia de Carmen, papá, mamá e avós polo cariño con que nos trataron, todo o que aprendimos con eles e o trato que recibimos. Moitísimas GRAZAS! Pasamos unha mañán fantástica que gardaremos para sempre no recordo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)