Esta semana tivemos un tempo perfecto para seguir coa nosa plantación na horta. Todas as clases de infantil estivemos plantando unha morea de cousas: pementos, leitugas, remolachas e pirixel. Como somos moitos nenos e nenas e tod@s queremos participar, tivemos que repartirnos as tarefas e agardar a nosa quenda pacientemente.
Así foi como quedou a nosa plantación
A semana pasada estivemos plantando FABAS (ou "babas" como algún compañeiro lle explicou á profe Victoria). Tiñamos pendente colgar as fotos no blogue; traballamos en pequeno grupo
Cada equipo se esforzou moito na súa tarefa
Cada Sementeir@ plantou unha faba
E chegou o momento de facer o que máis nos gusta cada vez que traballamos na horta, ¿adiviñades?... Pois claro, REGAR!!
Como vedes, estamos moi motivados cando facemos tarefas na nosa horta: organizámonos entre nós para repartir os traballos, agardamos quendas, atendemos aos consellos da profe e d@s compañeir@s,...
¡Así dá gusto traballar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario