A semana pasada retomamos as nosas sesións semanais de ioga. Que ganas tiñamos !!
Practicamos as asanas que saen no conto "Conejito y sus amigos" e redescubrimos algúns dos moitos beneficios que nos aporta a práctica de ioga
Momento da relaxación |
E non temos xoves sen ioga e tampouco sen froita. Este ano faremos un rexistro coa axuda do noso Froitómetro; cada xoves que traiamos froita ensartaremos un abalorio
Botamos a andar o noso novo Pasaporte Lector; un libro da biblioteca de aula viaxará durante a fin de semana ás casas para volver de novo o luns ao cole coa folla correspondente do pasaporte feita. O venres pasado estreamos os pasaportes na aula co conto "Corre, corre cabaciña"
Seguimos disfrutando dos momentos de xogo nos recunchos
Este luns fixemos grafismos creativos. Ademais de estimular a creatividade, atención, concentración e confianza en si mesmos, algúns dos seus beneficios son: a coordinación óculo-manual, lateralidade, direccionalidad, motricidade fina, organización espacial, e o manexo de conceptos como as cores, formas, dimensións, seriaciones...
E, despois de traballar se o tempo acompaña facemos picnic. Hoxe tivemos que escapar da choiva cando xa estabamos empezando a merenda; é o que ten o outono