jueves, 22 de diciembre de 2022

Fin de Trimestre

 Hoxe puxemos fin ao primeiro trimestre do curso cunha festa por todo o alto; tivemos de todo: unha visita real, contacontos, xogos populares, merendola con todos os compis de infantil, badaladas da sorte,... pero antes de contarvos con detalle o ben que o pasamos, temos cousas pendentes por amosarvos porque o calendario tiña reservadas dúas actividades moi divertidas para a última semana de cole. 

Onte a proposta foi decorar un mantel navideño
















































A proposta do martes foi moi especial pois consistiu en preparar unha postal para enviar ás casas; estade moi atent@s á visita do carteiro porque é unha sorpresa 😉 entre tod@s decidimos o texto a escribir e puxémonos mans á obra. Levounos un par de días completar a misión, pero xa están de camiño aos vosos fogares













































































E aínda tivemos tempo de preparar un mural conxunto coas demais aulas de infantil para decorar a aula de psicomotricidade































































 
Loce espectacular, non vos parece?
 




A nosa compañeira Amelia quedou finalista no corcurso de postais organizado no cole, e o mércores recibiu o seu diploma acreditativo. Parabéns !

Estas dúas últimas semanas as propostas de xogo na aula foron moi navideñas e nin que dicir ten que as disfrutamos a tope



















































E agora sí, ímos coas fotos da festa de hoxe. Nada máis chegar ao cole avisáronnos de que tiñamos unha visita especial e non o dubidamos, os Reis Magos estaban no Rosalía !























Entregamos as cartas cos nosos desexos



Ao rematar a visita, e aínda cos nervios propios de estar tan de preto das súas Maxestades, tivemos o tempo xustiño de sacar unhas fotos de recordo deste día tan especial porque na biblioteca estaba a esperar por nós unha fantástica sesión de contacontos














































Seguinte parada: os xogos tradicionais




























Despois de tanta actividade, tocou repoñer forzas cunha merendola por todo o alto. Moitas grazas ás familias da aula dos "Pequenos Peregrinos". Estaba todo delicioso !


















E despois de xogar un pouco, fomos ao ximnasio para despedir o ano por anticipado con todo o alumnado e profes do cole. Atent@s á velocidade coa que comemos as doce uvas da sorte 😀



Despedimos o ano cunha festa rachada. As fotos non son as mellores pero reflexan ao cen por cento a nosa ledicia
















E de volta na aula, discoteca sementeira e bolsas cos nosos traballos para casa




















Marchamos para casa despois de vivir a tope a FESTA DE NADAL DO ROSALÍA ! Penso que os Sementeiros e Sementeiras van a durmir toda a noite do tirón (e non son os únicos 😉)