viernes, 16 de diciembre de 2022

Unha Sesión de Cine e máis cousas

 Cada día ao chegar ao cole o primeiro que preguntamos é que será o que nos ten preparado o calendario de advento, e nunca defrauda. O mércores a sorpresa foi maiúscula pois a proposta foi ver unha peli con flocos de millo




 
Preparamos a nosa caixa e despois do recreo subimos á biblioteca para disfrutar da nosa sesión de cine





































 

Ao volver para clase, a nosa compañeira Paula tiña un regalo para nós

 
O xoves a proposta consistiu en decorar unha bota con grafismos creativos


E hoxe venres, enchemos a xanela de estrelas



Seguimos decorando o cole; desta volta decoramos árbores de Nadal: estrelas, galletas, corazóns, espumillón, bastóns de caramelo, bolas de diferentes formas,... teñen de todo !
 














As bolsas están rematadas; presentámosvos ao "Coro Sementeiro", que este Nadal inundará as casas de panxoliñas















Lembrades o conto de nadal que inventamos estes días? ao día seguinte de escribilo, fixemos un debuxo da parte que máis nos gustou















 
 
Para rematar esta entrada, queremos contarvos que recibimos unha carta dende a biblioteca na que se nos invitaba a buscar ao elfo Tilín, que anda de novo polo cole facendo trasnadas das súas. Atopámolo durmindo dentro dunha mochila e nós deixámolo descansar para que informe a Papá Noel de que nos portamos moi ben





2 comentarios:

  1. 👏👏👏que gusto profe Ana , ver as fotos , ver os traballos , gracias x compartir e nos poder ver un anaco do que fan estos rapaces 😊

    ResponderEliminar
  2. Madre mía qué chea de cousas divertirás, a peli todo un éxito na casa nos conta todo do calendario cada día Unha sorpresa!! Gracias Paula pola chocolatina tiña pinta de estar deliciosa!!, Que pasada de bolsas so velas saliu un soriso de orella a orella súper chulas !!

    ResponderEliminar