Hoxe, 24 de outubro celébrase o Día Internacional da Biblioteca e os nenos e nenas de educación infantil quixemos festexalo como se merece.
Fixemos unha actividade impresa: escribimos o título dun conto imaxinario e debuxamos a súa portada. Pero...a que non adiviñades onde traballamos esta mañá? pois na nova biblioteca do cole!!! había que estreala e que mellor día que hoxe, non vos parece?
Esta é a nova biblioteca; SIRIA segue sendo a súa mascota
Estivemos moi concentrad@s traballando
Estes foron os resultados
Na biblioteca hai un recuncho adicado ao samaín,...
... e no corredor de infantil tamén temos un espazo adicado a esta temática
Os nenos e nenas que acabaron a tarefa tiveron tempo de disfrutar dos contos relaxadamente

Pola tarde estivemos todo o alumnado de infantil vendo contos e cantando cancións terroríficas
Antes de marchar tivemos tempo de comernos unhas galletas- fantasma que nos trouxo Breixo
Breixo fixo unha visita polas demais aulas de infantil para regalarlles unha galletiña ás profes
Aproveitamos esta entrada no blog para ensinarvos a decoración do noso corredor, na que participamos todos os nenos e nenas de infantil