Chegou o momento en que debemos dicir adeus á nosa etapa como alumnos e alumnas de Educación Infantil para dar paso no mes de setembro a unha nova aventura, desta volta xa como alumnado de Educación Primaria.
O último día de cole foi moi emotivo para tod@s nós pois era o momento de despedirnos da aula na que pasamos tanto tempo xunt@s.
Fixemos un pequeno acto de GRADUACIÓN
Moitas grazas ás mamás de Pablo Miguéns e Xoel pola súa implicación na actividade pois, coa vestimenta elaborada por elas, adquiriu un ton moito máis... solemne.
Estas fotos quedarán para sempre no noso recordo.
Poñemos fin a un ciclo. O primeiro da vosa vida académica. Foi para min un verdadeiro pracer convivir con tod@s vós durante estes tres anos nos que aprendimos e medramos xuntos. Sempre vos levarei moi preto do meu corazón: IVÁN, PABLO MIGUÉNS, LUIS, ROI, IRENE, ALEJANDRO, AINHOA, CARMEN, BREIXO, CANDELA, IRIA, NEREA, PAULA, ULISES, DANIELA, DANIEL MARTÍNEZ, ALESSANDRO, PABLO PIÑEIRO, ANABEL, SABELA, CARLA, IZAN, ALÁN, XOEL E DANIEL TRIGO.
Quero agradecer dende aquí todo o apoio recibido polas familias grazas ao cal o meu traballo foi moito máis sinxelo e gratificante. Con pais e nais implicados na vida da escola melloramos a calidade da educación que podemos ofrecer dende as aulas e moitas das actividades que se levaron a cabo estes anos non terían sentido sen a vosa participación.
MIL GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS!
TU MANO Y LA MÍA
HICIERON UN SOL
PEQUEÑO,... GIGANTE,...
¡RADIANTE DE AMOR!
PASARON LOS AÑOS
Y NUESTRO SOL CRECIÓ.
PERO HOY DEBEMOS DECIRNOS:
A D I Ó S
POR ESO TE PIDO YO,...
DONDE VAYAS
LLEVA NUESTRO
SOL
ATA SEMPRE!