lunes, 25 de noviembre de 2013

Aniversarios por triplicado

A semana pasada estivo cargada de celebracións porque tres d@s nos@s compañeir@s festexaron o seu cuarto aniversario.
IRIA, ANABEL E BREIXO

O Recuncho dos Números

Hoxe foi unha tarde moi especial na Sementeira porque estreamos un novo recuncho:
O RECUNCHO DOS NÚMEROS
Para inauguralo estreamos tamén selos cos que facer conxuntos. 
Mirade o ben que o pasamos:
Este foi o resultado final:

Un CONTO novo para a tarde do luns

Temos un conto novo na Biblioteca de aula
Gustounos moito. Aquí vos deixamos un enlace para que poidades escoitalo na casa
Bonito ¿verdade mamis?

domingo, 17 de noviembre de 2013

Equipo CORAZÓN

Un dos equipos na nosa aula chámase, como sabedes, "corazón". 
Debe o seu nome a esta obra de keith Haring:
O artista que estamos a coñecer na aula debuxou moitos corazóns de moi diversas maneiras. Nós tamén faremos os nosos. Esta semana tocoulle o turno ao Equipo Corazón pero nos vindeiros días tod@s traballaremos para conseguir uns resultados tan artísticos coma os dos nosos compañeiros e compañeiras.
A obra sobre a que traballamos é a seguinte:
 O primeiro que fixemos foi colorear as siluetas.
 A consigna era colorear cada silueta dunha cor diferente.
O seguinte paso foi recortar o borde do debuxo coas tesoiras
 Despois había que pegalo centrado nunha cartolina 
e colorear o corazón con témpera vermella usando o "dedo pintor"
Por último había que escribir o noso nome
Ao día seguinte chegou a parte máis divertida do traballo, 
pois tiñamos que encher con purpurina o corazón.
 A última parte do traballo consistiu en decorar a nosa obra de arte con pegatinas en forma de corazón
 Están expostas no corredor, agardando polas dos demais compañeiros e compañeiras
¿A que quedaron moi...brillantes?

Mural estilo "Keith Haring"

¿Lembrades as siluetas que fixemos nos equipos hai un tempo?
Pois agora forman parte do noso mural Keith Haring
¿Gústavos?