Lembrades o Mironí que anda viaxando polas casas cos libros sobre Joan Miró? pois como non queremos que estea só, debuxamos e pintamos a nosa propia versión, e pegámolos no corredor.
![Peluche "Mironí" Peluche "Mironí"](http://www.miroshop.com/256-256-large/08002120070-Peluche-Mironi.jpg)
Os nenos e nenas da aula "A SEMENTEIRA" de 3 anos do colexio Rosalía de Castro en Padrón, queremos darvos a benvida ao noso blogue, a través do cal vos iremos facendo partícipes das nosas aventuras. Moitas grazas por visitarnos!