Unha vez rematado o prazo para participar no concurso das Letras Galegas organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua o xurado tivo unha ardua tarefa para decidir o gañador ou gañadora de cada categoría (Educación Infantil, 1º-2-º3º e 4º-5º-6º de primaria).
En Educación Infantil, Sara García da clase de 3 anos, foi a gañadora absoluta coa súa propia versión das "Laranxas máis laranxas de todas as laranxas".
O noso compañeiro Mauro resultou gañador do segundo premio pola súa postal da Galiña Azul, acreditado cun diploma que recibiu encantado de mans da profe Selina.
O terceiro premio foi para Ana, da clase de 5 anos, que tamén recibiu un diploma pola súa Galiña.
En Educación Primaria resultaron gañadoras Nora (da clase de 1ºB) e Antía (da clase de 4ºB), que se esforzaron na realización duns estupendos poemas.
Como temos moitas baixas estes días por culpa da varicela e virus varios, queda pendente repartir entre os demais participantes este pequeno agasallo.
Un bico grande de parte de tod@s e a recuperarse pronto Sementeir@s!!
Enhorabuena a todos los ganadores!!!!Y a recuperarse prontito todos los que estáis maluchos.
ResponderEliminar