Hoxe 30 de Xaneiro conmemoramos o Día escolar da non violencia e a Paz. Neste data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. Nesta ocasión centramos a temática nas guerras. Xunto á guerra entre Israel e Hamás na Franxa de Gaza, que acumula miles de mortos, e a invasión rusa de Ucraína, que cumprirá dous anos en febreiro de 2024, neste momento vívense conflitos armados a gran escala en Burkina Faso, Somalia, Sudán, Iemen, Myanmar, Nixeria e Siria. No Rosalía elaboramos unha exposición na que participou todo o alumnado do centro baixo o lema "Contra a guerra, creativi...PAZ". A educación para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro.
Os nenos e nenas da aula "A SEMENTEIRA" de 4 anos do colexio Rosalía de Castro en Padrón, queremos darvos a benvida ao noso blogue, a través do cal vos iremos facendo partícipes das nosas aventuras. Moitas grazas por visitarnos!
martes, 30 de enero de 2024
sábado, 27 de enero de 2024
Lagartos terribles
Seguimos aprendendo cousas sobre os dinosaurios, os lagartos terribles do pasado. Esta semana chegaron materiais novos para o noso recuncho
Aproveitamos os novos libros para averiguar que existiron dinosaurios carnívoros e herbívoros e falamos do que significa, sabemos que nacían dos ovos, o motivo da súa extinción,... e moitos outros datos e curiosidades que están facendo da nosa investigación toda unha aventura. Fixemos unha visita virtual ao Museo de Historia Natural de Santiago de Compostela pois averiguamos que todas as pezas atopadas polos paleontólogos acaban nos museos. Continuamos aprendendo cousas sobre os fósiles; realizamos unha tarefa impresa que recolle os seus tipos e xogamos coa plastilina a modelar os nosos propios fósiles
Disfrutamos a tope do material do recuncho: xogamos ao mémori e cos quebracabezas, e miramos con moita atención os contos
O venres fixemos a rutina do noso "Pasaporte Lector" e levamos un novo conto para casa
Seguimos practicando o noso nome e interiorizando o concepto de suma na hora do panel
Todos os días escribimos o noso nome na parte traseira do traballo impreso; e moitas veces, de xeito espontáneo no momento do xogo practicamos o nome dos compañeiros
Déixovos tamén por aquí as fotos da sesión de ioga do mércores; pouco a pouco imos logrando pequenos avances (aínda que nas fotos non se reflicta moito 😉)