A semana pasada fixemos unha actividade que gustou moito na Sementeira. A partir do nome da nosa encargada ese día inventamos unha historia e ata a ilustramos.
O primeiro que fixemos foi escribir o nome de Ainara no encerado e, con cada letra que o compón (e de xeito voluntario) fomos dicindo palabras que empezaban por dita letra.
Unha vez apuntadas a profe propuxo inventar unha historia con esas palabras. Levounos un tempo construíla. Traballamos en equipo, respectando as ideas de tod@s, e así foi como quedou.
Despois buscamos e rodeamos no texto escrito no encerado as palabras clave da nosa historia (tamén de xeito voluntario).
Para rematar dividimos o traballo de ilustralo e cada compañeir@ fixo un debuxo relacionado co conto.
Hoxe repetimos a actividade co nome de Asier.
Quedounos pendente ilustrar esta nova historia. Desta semana non pasa !
Pronto vos enseñaremos como están quedando.