Os nenos e nenas da aula "A SEMENTEIRA" de 4 anos do colexio Rosalía de Castro en Padrón, queremos darvos a benvida ao noso blogue, a través do cal vos iremos facendo partícipes das nosas aventuras. Moitas grazas por visitarnos!
A proposta de hoxe consiste en traballar a través do conto "unha vella tiña un can" diferentes conceptos: memoria, atención, lectoescritura, imaxinación e medidas.
#euquedonacasa
Debedes escoitar a canción con moita atención e despois facer un listado de todos os personaxes que saen no conto. Pensade tamén cales deses animais poderían estar na vosa cama; caberían todos? cal vos daría máis medo? tendo en conta os tamaños dos animais, cal é o máis grande e cal o máis pequeno? e,... unha última pregunta: canto mide a vosa cama?
Sabedes que podemos usar diferentes partes do noso corpo para medir?
mirade atentamente o seguinte vídeo
Con estes xogos podedes poñer en práctica o que vos explican no vídeo
Onte Domingo foi un día importante pois despois de tanto tempo na casa por fin os máis pequenos pudieron saír ao exterior; aínda que con limitacións, de seguro que todos os Sementeiros e Sementeiras o disfrutaron como merecian.
A proposta de hoxe consiste en contarnos que tal esa primeira saída.
Escribimos un diario do noso paseo?
#euquedonacasa
#bopaseo
Podedes acompañar o voso traballo escrito con algunha fotografía📷 do voso primeiro paseo. Con todo o material que me enviedes conseguiremos elaborar un "diario do bo paseo". Tedes toda a semana para elaborar a actividade. Veña, animádevos 😉
O 23 de abril é unha desas datas sinaladas no calendario; celébrase o día internacional do libro e a festividade de San Jorge en Cataluña, pero por que neste día en concreto?
Para coñecer a orixe do día do libro temos que retroceder no tempo ata 1995, cando a UNESCO decidiu implementar esta data como día internacional do libro.
O motivo? O 23 de abril de 1616 a humanidade perdeu a dous dos seus mellores escritores (curiosamente na mesma data), William Shakespeare e Miguel de Cervantes, así como un dos mellores poetas, Garcilaso de la Vega. O propósito desta celebración implementada pola UNESCO é dar a coñecer os beneficios da lectura no enriquecemento cultural, axudando a coñecer diferentes formas de pensar. Así como recoñecer a importante contribución dos autores ao progreso social e cultural.
O 23 de abril do ano 303 faleceu supostamente San Jorge. Segundo narra a lenda, ao sur de Cataluña habitaba un dragón, os habitantes, atemorizados, sacrificaban cordeiros para acougar a fame da besta. Un día, por votación popular, unha muller debía ser seleccionada como sacrificio humano, para evitar as desdichas que puidese traer o dragón aos habitantes. A votación popular seleccionou á princesa. San Jorge, un valeroso cabaleiro, non puido tolerar tal acto e decidiu plantar cara ao dragón. Tras unha dura batalla coa besta, San Jorge proclamouse vitorioso.
Conta a lenda que co sangue derramado do dragón formouse unha rosa, que San Jorge entregou á princesa. Como mostra de agradecemento pola valentía mostrada ao liberala das fauces do dragón, a princesa escribiulle un poema a San Jorge (de aí a tradición de regalar unha rosa e un libro).
A proposta de hoxe estará relacionada con San Jorge
#euquedonacasa
A figura de Jorge de Capadocia está moi presente ao longo da historia. Foron moitos os artistas que o inmortalizaron nas súas obras.
Paolo Uccello
Rafael
Vasili Kandinski
Rubens
Propóñovos que vos convirtades en pintores e/ou escultores, e fagades a vosa propia versión do noso protagonista de hoxe.
Podedes facer un debuxo, modelar unha escultura empregando por exemplo plastilina, alambre ou calquera outro material moldeable que teñades por casa, e incluso vos podedes animar a recrear algún dos cadros ou esculturas sendo vós os protagonistas.
Preparamos unha Búsqueda do Tesouro?
Ides a necesitar moitos libros para esta actividade !
Emprega a seguinte tabla para rexistrar todo o que atopes.
O Día da Terra (oficialmente Día Internacional da Nai Terra) é un
día celebrado en moitos países o 22 de abril. Instaurouse este día para crear unha conciencia común aos problemas da sobrepoblación,
a produción de contaminación, a conservación da biodiversidade e outras
preocupacións ambientais para protexer a Terra. É un día para render
homenaxe ao noso planeta e recoñecer á Terra como o noso fogar e a nosa
nai, así como o expresaron distintas culturas ao longo da historia,
demostrando a interdependencia entre os seus moitos ecosistemas e os seres vivos que a habitamos.
A proposta de hoxe xirará arredor desta celebración
A nosa compañeira Carlota enviounos o reto de acertar esta adiviñanza.
Animádevos a facer a vosa!
Con todas as que consigamos xuntar podemos elaborar un libro interactivo. Se vos apetece enviarme un vídeo lendo a adiviña será fantástico.
Podemos converternos en gardiáns do medio ambiente, facer o noso colar identificativo e pensar todas aquelas accións que poderiamos levar a cabo para coidar un pouco mellor o noso Planeta.
(ao final da entrada atoparedes un pdf para levar a cabo esta actividade)
E se facemos unha árbore con pezas soltas que atopemos pola casa?
mandade foto da vosa creación ! seguro que non haberá dúas iguais.
Podedes elaborar un cartel que conteña unha frase adicada ao coidado do noso planeta.
Déixovos tamén algunhas actividades impresas: sopa de letras, colorear seguindo un código (sumas e restas), repaso de conceptos sobre a reciclaxe, quebracabezas, manualidades,...
Nun lugar escondido do bosque, unha
pequena cabana tiña a luz acendida. Pola cheminea saía fume: Tartaruga
estaba preparando a comida. Sorprendidos por unha tormenta de neve,
varios animais refúxianse na casa de Tartaruga que, nese momento, poñía a
auga a ferver para preparar unha sopa. A medida que van chegando, os
hóspedes ofrécenlle: cenorias, froitos vermellos, cebolas, mel e outros
moitos ingredientes para que bote na ola. Mentres, fóra escurece e o
frío chega. Dentro da casa, os convidados comparten un bo momento e
colaboran na preparación da cea. Cando proban a sopa, todos cren que é a
mellor do mundo e, abraiados, pensan que Tartaruga engadiu algún
ingrediente especial que eles descoñecen. Ao final, Tartaruga
desvélalles o seu segredo.
No seguinte enlace podedes ver o conto de hoxe e averiguar o segredo de Tartaruga:
Cantamos a canción que xa coñecen os Sementeiros e Sementeiras?
E aí vai a proposta de hoxe,...
elaborar a mellor sopa do mundo!😋🍵
#euquedonacasa
Animádevos a cociñar unha deliciosa sopa e mandade fotos ou vídeos !
Déixovos un pdf con material impreso para traballar o conto: recortar ingredientes, facer un listado de invitados,... tedes varias actividades para pasar o rato 😉
Os transvases son exercicios óculo-manuais, que están presentes na vida cotiá. Consisten en traspasar substancias, verterlas,
pasalas dun recipiente a outro, para así desenvolver a coordinación
muscular, o cal será de gran utilidade á hora de servir alimentos,
comer, ou calquera outra actividade diaria.
Os elementos traspasados poden ser auga, garavanzos, xudías, ou calquera
outro obxecto ou alimento.
Que conseguimos a través dos transvasamentos? desenvolvemento de destreza óculo-manual, coordinación muscular, psicomotricidade fina, traballar a atención, a autonomía persoal,...
A proposta de hoxe consiste en xogar a transvasar.
A finais do primeiro trimestre fixemos un pequeno achegamento ás letras minúsculas.
As nenas e os nenos aprenden ao mesmo tempo e con mínimo esforzo os dous códigos (maiúsculas e minúsculas). A vantaxe das maiúsculas é que permite adiantar máis no trazado de letras desligando así a produción escrita da capacidade para realizar trazos gráficos. Unha vez que xa están interiorizados os trazos das maiúsculas é o momento de iniciarse no recoñecemento das minúsculas. Este paso apenas leva tempo. E se o facemos de xeito lúdico, moito mellor non vos parece?
A proposta de hoxe consiste en xogar coas minúsculas
#euquedonacasa
Para iso propóñovos que elaboredes diferentes materiais de xogo cos que se poden entreter estos días na casa.
Gardando tapóns podedes facer un abecedario; podedes ir coleccionando pouco a pouco todas as letras.
Se tedes limpapipas, plastilina ou calquera outro material flexible, poden modelar as letras.
Podedes facer o voso propio mural do abecedario en minúsculas empregando todos os materias que se vos ocorran
Cunha percha e pinzas da roupa tamén se pode elaborar material manipulativo. Podedes facer dúas perchas (maiúsculas e minúsculas) e xogar a ordear as letras, a buscar as do seu nome, unha palabra concreta,... hai infinitas opcións de xogo.
Con pezas de construción ou botes de iogur podemos facer unha torre de letras
Tamén pdoemos elaborar un xogo de asociación
Xogar a derrumbar cunha pelota ou disparar a unha letra en concreto, as do seu nome,...
Como vedes as posibilidades de xogo son infinitas.
En internet podedes atopar xogos online.
Déixovos algúns enlaces: ASOCIAMOS LETRAS
Caracol Col Col é un conto que nos axuda a traballar a autoestima, en concreto, o valor de apreciarnos e querernos tal e como somos.
E para coñecernos un pouquiño mellor, que tal se facemos un cuestionario?
A proposta de hoxe consiste en responder a oito preguntas que nos axudarán a saber cousas novas dos nosos amigos e amigas, irmáns, papis, mamis e todas aquelas persoas que se animen a participar e a compartir o seu cuestionario connosco.
#euquedonacasa
Se vos animades tamén podedes facer o voso propio Caracol Col Col, empregando materiais de refugallo por exemplo.